Ciro I

From Wikipedia, the free encyclopedia

Ciro I
Remove ads

Ciro I ou Kuraš (c.610 a.C.– c.585 a.C.) é un membro da dinastía dos Aqueménidas, soberano de Anshan.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Aparece mencionado nalgunhas xenealoxías reais, segundo as cales sería o neto do fundador mítico, Aquemenes, e o fillo de Teispes. Así, Heródoto (VII, 11, 2) fai dicir a Xerxes I: «Que non se me vexa como o fillo de Darío, fillo de Histaspes, fillo de Arsames, fillo de Ariaramnes, fillo de Teispes, fillo de Ciro, fillo de Cambises, fillo de Teispes, fillo de Aquemenes, se eu non me vingo dos atenienses.» Con todo, non figura na inscrición de Behistún, gravada por orde de Darío I.

A el fai mención seguramente un selo de estilo neo-elamita (PFS 93*) que leva a inscrición: «Kuraš de Anšan, fillo de Teispes». Identifícase tamén co «Kuraš, rei de Parsumaš» dunha inscrición do asirio Asurbanipal (669630 a.C.): Kurash debe facer unha alianza con este último e enviar ao seu fillo máis vello como refén a Nínive. Kuraš sería Ciro I e Parsumaš Persia. Así e todo, esta interpretación é contestada.

Remove ads

Véxase tamén

Bibliografía

  • Briant, Pierre: Histoire de l’Empire perse, de Cyrus à Alexandre, Fayard, París, 1996 (ISBN 2-213-59667-0).
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads