Heródoto

historiador e xeógrafo da antiga Grecia, conseiderado o pai da Historia From Wikipedia, the free encyclopedia

Heródoto
Remove ads

Heródoto (en grego Ἡρόδοτος Ἁλικαρνᾱσσεύς [Hēródotos Halikarnāsseús]; en latín, Hērŏdŏtus Hălĭcarnassensis) nado en Halicarnaso (actual Bodrum, en Turquía) no 485 a. C.[1] e finado en Turios no 425 a. C.[2] foi un historiador e xeógrafo grego, considerado o pai da historiografía.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Era orixinario de Halicarnaso, Tras a súa participación dunha revolta contra o tirano Ligdamis tivo que marchar ao exilio na illa de Samos,[2] e dedicouse a viaxar, viaxes que o levaron a Exipto, chegando ata a primeira catarata do Nilo, a Babilonia, a Siria, a Libia, a Italia e a Sicilia. Viviu en Atenas, e aquí recolleu as tradicións orais das principais familias, en especial dos Alcmeónidas.

Heródoto escribiu a historia da invasión persa de Grecia, coñecida como a As historias de Heródoto, considerada a primeira obra de historia, ata entón rexistrábanse os acontecementos históricos en crónicas e épicas, pero Heródoto foi o primeiro en tratar o pasado como un problema filosófico, que permitía coñecer o comportamento humano. E foi o primeiro en recoller testemuñas presentes nos feitos que describía e preocuparse pola obxectividade, na súa obra dá tamén abondas referencias etnográficas. Aínda que a obra non foi apreciada na antigüídade, Aristóteles califícaa de mitóloga, Aulo Xelio califícao de fabuladora, e tan só a partir do Renacemento comezou a ser valorada.

As historias publicouse entre o 430 a. C. e o 424 a. C., divídense en nove libros, que reciben o nome das musas. Os primeiros seis tratan do crecemento do Imperio Persa e da súa influencia en Grecia. Os tres últimos describe os intentos do rei Xerxes por vingar a batalla de Maratón e absorber Grecia dentro do Imperio Persa.

Heródoto describe na súa obra os confíns da terra, nese contexto enténdese a primeira referencia ás illas Casitérides no libro terceiro, aínda que só para afirmar que non sabe nada delas.

Participou na fundación dunha colonia ateniense, Turios, na Magna Grecia, e da que recibiu a cidadanía e na que se cre que morreu polo 425 a.C.[2]

Remove ads

Eponimia

  • O cráter lunar Herodotus leva ese nome para lembralo.
  • O asteroide (3092) Herodotus tamén o lembra.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads