Cirrípedes

From Wikipedia, the free encyclopedia

Cirrípedes
Remove ads

A dos cirrípedes (Cirripedia) é unha infraclase de crustáceos mariños da clase dos maxilópodos e da subclase dos tecóstracos.[1]

Máis información CirripediaCirrípedes, Clasificación científica ...

Os seus membros máis coñecidos son os percebes, pero a clase inclúe outras especies como os arneiros ou o percebe da madeira.

A especie representativa é o percebe común (Pollicipes pollicipes).[2]

Remove ads

Taxonomía

Descrición

A infraclase foi descrita en 1834 polo naturalista, paleontólogo e zoólogo alemán nacionalizado arxentino Hermann Burmeister (tamén coñecido como Karl Hermann Konrad Burmeister ou Carlos Germán Conrado Burmeister).

Etimoloxía

O nome científico Cirripedia está formado pola unión dos elementos do latín científico cirr- e -pedia, derivados, respectivamente, do latín cirrus, "rizo", "floco", e a raíz pedi- do xenitivo de pes, pedis, "pé",[3] coa adición do sufixo -a para indicar plural.

Sinónimos

Ademais de polo nome actualmente válido, a infraclase coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:[Cómpre referencia]

  • Thyrostraca
  • Cirrhopoda
  • Cirrhipoda
  • Cirrhipedia

Clasificación

Thumb
Piña de percebes.
Thumb
Arneiros.
Thumb
Piña de percebes da madeira sobre a cuncha dun náutilo.

Segundo o WoRMS, a clasificación taxonómica dos cirrípedes é a seguinte:

  • Infraclase Cirripedia Burmeister, 1834
    • Superorde Acrothoracica Gruvel, 1905
      • Orde Cryptophialida Kolbasov, Newman & Hoeg, 2009
      • Orde Lithoglyptida Kolbasov, Newman & Hoeg, 2009
    • Superorde Rhizocephala Müller, 1862
      • Orde Akentrogonida Häfele, 1911
      • Orde Kentrogonida Delage, 1884
    • Superorde Thoracica Darwin, 1854
      • Orde Ibliformes Buckeridge & Newman, 2006
      • Orde Lepadiformes Buckeridge & Newman, 2006
      • Orde Scalpelliformes Buckeridge & Newman, 2006
      • Orde Sessilia Buckeridge & Newman, 2006

Porén, o ITIS considera esta outra: [4]

  • Infraclase Cirripedia Burmeister, 1834
    • Superorde Acrothoracica Gruvel, 1905
      • Orde Apygophora Berndt, 1907
      • Orde Pygophora Berndt, 1907
    • Superorde Rhizocephala Müller, 1862
      • Orde Akentrogonida Häfele, 1911
      • Orde Kentrogonida Delage, 1884
    • Superorde Thoracica Darwin, 1854
      • Orde Pedunculata Lamarck, 1818
      • Orde Sessilia Lamarck, 1818
Remove ads

Características

Son de hábitos sésiles (viven fixos sobre o substrato) polo que durante séculos foron considerados moluscos.

Foi ó coñecer o ciclo biolóxico e estudar a morfoloxía das larvas, tipo cipris, cando se admitiu que se trataba de crustáceos cunha estrutura moi modificada.

Poden dispoñer dun pedúnculo, co que se fixan ó substrato, ou non, pero en calquera caso teñen o corpo protexido por placas calcarias.[Cómpre referencia]

Remove ads

Bioloxía

As larvas son sempre de vida libre, e atravesan por dúas fases larvais:

  • Como larva nauplius, forma parte do zooplancto, flotando nas augas arrastradas polo vento, as ondas e as correntes mariñas. Aliméntanse activamente e alcanzan o segundo estado ó cabo de dúas semanas.
  • Como larva cipris xa non se alimentan e son nadadoras activas.

Cando a larva cipris atopa un lugar adecuado, fíxase e inicia o proceso de metamorfose, dando lugar a un cirrípede xuvenil, que posúe unha morfoloxía consistente en seis placas externas a modo de armadura. Durante o resto da súa vida, os cirrípedes son sésiles e aliméntanse por filtración, grazas ás correntes de auga creadas ó axitar os seus apéndices. Unha vez completada a metamorfose e alcanzada a forma adulta, seguen crecendo pero xa sen sufrir mudas, senón por adición de material á cuberta calcificada.

Como outros invertebrados, os cirrípedes son hermafroditas e alternan o estado masculino e feminino temporalmente. É dicir un mesmo individuo pode ser inicialmente macho e logo femia, ou viceversa.

Algúns cirrípedes, como as especies do xénero Sacculina, son parasitos doutros crustáceos. Outros, como os chamados "amorfos" ou Verrucomorfa son comensalistas e viven sobre as espinas dos ourizos ou sobre a pel das baleas.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads