Clangor

discoteca de Santiago de Compostela From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A Clangor foi unha discoteca de Santiago de Compostela. Estaba situada no lugar da Ponte da Rocha, ao suroeste da cidade e bastante afastada do centro urbano.

Datos rápidos Datas e cronoloxía, Localización ...
Remove ads

Historia

A discoteca foi aberta na década de 1980 e foi dirixida por Fernando Pereira e o seu irmán. Ademais da súa función como sala de festas e de baile, tamén organizaba concertos, como os de Godfathers, Ten Years After ou Loquillo y los Trogloditas.[1]

O 11 de outubro de 1990 o Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive cometeu un atentado con bomba contra a discoteca. Os terroristas alegaban que a sala era un centro de narcotráfico[2]. No atentado morreron tres persoas: unha estudante, Mercedes Domínguez Rodríguez, que estaba na discoteca e os dous terroristas, Xosé Ignacio Villar Regueiro e Dolores Castro Lama. Resultaron feridas 49 persoas[3], algunhas delas de gravidade. Segundo os terroristas, os explosivos deberían estourar ao remate da noite, cando a discoteca estivese pechada[4], pero a acción dos altofalantes provocou a súa detonación anticipada.

Remove ads

Cultura

Existe un guión cinematográfico sobre a historia que aínda non se formalizou en película[5].

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads