Cleptoplastia

From Wikipedia, the free encyclopedia

Cleptoplastia
Remove ads

A cleptoplastia é un fenómeno endosimbiótico que consiste na incorporación de plastos (cloroplastos) procedentes de algas por parte de organismos que non os posúen, para aproveitaren a súa capacidade autótrofa. Os plastos así conservados denomínanse cleptoplastos. O fenómeno empeza cando un depredador come algas e dixire parcialmente estas, pero deixando os plastos intactos, os cales son mantidos dentro do hóspede e conservan temporalmente a súa capacidade fotosintética, da cal se aproveita o hóspede.[1] O fenómeno dáse nalgúns protistas e nos moluscos sacoglosos. O termo foi acuñado en 1990 para describir a endosimbiose dos cloroplastos.[2][3]

Thumb
Elysia pusilla alimentándose das algas verdes Halimeda e incorporando os cloroplastos no seu corpo.
Remove ads

Exemplos

Dinoflaxelados

A estabilidade destes plastos transitorios varía considerablemente entre as especies que os reteñen. Nos dinoflaxelados Gymnodinium spp. e Pfisteria piscicida, os cleptoplastos son fotosinteticamente activos durante só uns días, pero os cleptoplastos de Dinophysis spp. poden ser estables durante dous meses.[1] Hipotetizouse que nos dinoflaxelados heterotróficos, a cleptoplastia pode representar un mecanismo que permite unha flexibilidade funcional neses dinoflaxelados, ou ben quizais sexa unha fase inicial da evolución da adquisición de cloroplastos.[4]

Ciliados

O ciliado Myrionecta rubra captura cloroplastos da criptomónada Geminigera cryophila. Tamén captura e conserva os seus núcleos (cariocleptia).[5]

Foraminíferos

Algunhas especies de foraminíferos dos xéneros Bulimina, Elphidium, Haynesina, Nonion, Nonionella, Nonionellina, Reophax, e Stainforthia secuestran cloroplastos de diatomeas.[6]

Moluscos sacoglosos

Thumb
Célula do túbulo dixestivo de Elysia clarki ateigada de cloroplastos.
C = cloroplasto,
N = núcleo celular.
Micrografía electrónica. Barra de escala de 3 µm.

Os únicos animais que se sabe que practican a cleoptoplastia son as lesmas de mar do clado Sacoglossa.[7] Varias especies de moluscos sacoglosos capturan cloroplastos funcionais intactos das algas das que se alimentan, e retéñenos dentro de células especializadas do revestimento dos divertículos dixestivos. A asociación cleptoplástica de maior duración que se coñece nestes animais dura ata 10 meses e dáse en Elysia chlorotica,[2] que toma os seus cloroplastos das algas Vaucheria litorea que come, e os almacena no revestimento do seu tubo dixestivo.[8] Cando estes moluscos en estado xuvenil se alimentan de algas, eliminan todo o contido celular destas agás os cloroplastos. Os cloroplastos son fagocitados polas células dixestivas dos seus túbulos dixestivos moi ramificados e aprovéitanse dos produtos da fotosíntese que estes producen.[9]

Remove ads

Endosimbiose de células enteiras

Cómpre distinguir entre a cleptoplastia (endosimbiose só dun orgánulo, o cloroplasto) da endosimbiose de células enteiras, que se dá por exemplo no ciliado Paramecium bursaria que mantén no seu interior algas do xénero Chlorella (as células enteiras), ou nos corais ou nos moluscos nudibranquios como Pteraeolidia ianthina , que manteñen no seu interior zooxantelas enteiras. (Ver endosimbiose).

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads