Cloruro de rubidio

composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia

Cloruro de rubidio
Remove ads

O cloruro de rubidio é un haluro de metal alcalino. Este haluro ten aplicacións diversas, dende a electroquímica á bioloxía molecular.

Máis información Xerais, Físicas ...
Remove ads

Estrutura

Na súa fase gasosa o RbCl é unha substancia diatómica cunha lonxitude de enlace estimada en 2.7868 Å. Esta distancia aumenta a 3.285 Å para o RbCl sólido de cristalización cúbica, no número máis alto de coordinación dos ións na fase sólida. O RbCl sólido presenta polimorfismo e dependendo das condicións, o RbCl sólido adopta unha das tres disposicións que seguen que foron determinadas pola proxección da súa imaxe holográfica.

octaédrico 6:6 (cloruro de sodio)

A disposición octaédrica, empaquetamento cúbico centrado nas caras, con índice de coordinación 6:6, tipo NaCl, é a máis común. Nesta disposición os anións cloruro empaquétanse en disposición octaédrica e os catións rubidio enchen os ocos octaédricos que quedan. Esta sería unha sucinta descrición deste polimorfismo. A enerxía deste tipo de rede é solo 3.2 kJ/mol menor que a estrutura seguinte.

cúbico 8:8 (cloruro de cesio)

A temperatura e presións altas o RbCl adopta a estrutura do CsCl (o NaCl e o KCl experimentan o mesmo cambio estrutural a altas presións). Aquí, os ións cloruro adoptan a disposición cúbica centrada no espazo cos anións cloruro ocupando os vértices dun cubo que rodea un Rb+ central. Como un cubo ten oito vértices, o número de coordinación de ambos ión é oito. Este é o número de coordinación máis alto posible do RbCl. Polo tanto, segundo a regra do cociente de radios, os catións deste polimorfo alcanzarán o radio máis grande porque as distancias anión-catión son as máis grandes.

tetraédrico 4:4 (Esfalerita)

Esta forma polimórfica, con estrutura de esfalerita, do cloruro de rubidio é extremadamente rara, dando por resultado poucos estudos estruturais. A enerxía de rede para esta disposición calcúlase en case 40.0 kJ/mol menor que a das estruturas anteriores.

Remove ads

Síntese

A meirande parte dos métodos de preparación do cloruro de rubidio puro implican a reacción do seu hidróxido co ácido clorhídrico, seguido de recristalización:

RbOH (aq) + HCl (aq) → RbCl (aq) + H2O(l)

Outro posible método baséase no equilibrio químico que segue:

Rb(s) + NaCl(s) RbCl(l) + Na(s)

Unha técnica custosa require a reacción do metal rubidio co halóxeno desexado:

2Rb(s) + Cl2 2(g) → 2RbCl(s)

Dado que o RbCl é higroscópico debe ser protexido contra a humidade atmosférica, por exemplo, cun deshidratante. O RbCl utílizase sobre todo en laboratorios polo que os provedores prodúceno en cantidades pequenas segundo se vaia precisando. Ofrécese en variedade de formas para a investigación química e biomédica.

Remove ads

Usos

  • O RbCl pode utilizarse como electrólito en auga.
  • O cloruro de rubidio demostrou o súa utilidade para modificar e axustar o ritmo circadiano. O resultado é un ritmo circadiano igualado, incluso para os organismos sometidos a tensións.
  • O tratamento de células tumorais con cloruro de rubidio aumenta o seu pH. Algúns investigadores cren que este aumento inhibe a activación de encimas tales como fosfatases oncoxénicas. Pénsase que isto podería ter utilidade para o estudo de tratamentos de tumores.
  • O RbCl é un excelente biomarcador non invasor. Este composto disólvese ben na auga e é facilmente tomado polo organismo. Unha vez que está no corpo, o ión Rb+ substitúe o ión potasio, K+ nos tecidos dada a súa similitude química (pertencen ó mesmo grupo da táboa periódica). Un exemplo disto é o emprego do cloruro de Rb-82, isótopo radioactivo do rubidio, para avaliar a perfusión do músculo cardíaco, o miocardio.
  • O tratamento de células con disolución hipotónica que conteña RbCl dilata as células e modifica as súas membranas e o fluxo a través das mesmas.
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads