Cloruro de litio
composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O cloruro de litio compórtase como un composto iónico bastante típico, aínda que o ión Li+ é moi pequeno. O sal é higroscópico, altamente soluble en auga e de elevada polaridade. É máis soluble en disolventes orgánicos polares, metanol e acetona por exemplo, do que o son o cloruro de sodio ou o cloruro de potasio.
Remove ads
Características químicas
O cloruro de litio pode reaccionar como fonte do ión cloruro. Como calquera outro cloruro iónico soluble, precipitarán cloruros insolubles cando se engadan a unha disolución dun sal apropiado, por exemplo nitrato de chumbo (II):
- 2 LiCl (aq) + Pb (NO3) 2 (aq) → PbCl2 (s) + 2 LiNO3 (aq)
O ión Li+ actúa como ácido de Lewis débil baixo certas circunstancias; por exemplo un mol de cloruro de litio é capaz de absorber ata catro moles de amoníaco.
Remove ads
Preparación
O cloruro de litio pode prepararse da maneira máis simple posible pola reacción do hidróxido de litio ou do carbonato de litio con ácido clorhídrico.
Pode prepararse tamén pola reacción, altamente exotérmica, entre o litio metal con calquera cloruro ou con cloruro de hidróxeno, o gas anhidro.
O LiCl anhidro prepárase a partir do hidratado, quentándoo suavemente baixo atmosfera de cloruro de hidróxeno, usada para previr a hidrólise.
Remove ads
Aplicacións
O cloruro de litio utilízase para a produción de litio metal, mediante a electrólise dunha mestura LiCl/KCl fundida, a uns 450° C. O LiCl tamén se utiliza como flux para soldar aluminio principalmente na industria do automóbil.
Precaucións
- Artigo principal: Toxicidade dos sales de litio#Cloruro de litio.
É un irritante polo que debe evitarse a súa inxestión.
Para máis detalles ver a folla MSDS correspondente.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads