CB Sant Josep
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Club Bàsquet Sant Josep foi un club profesional de baloncesto da cidade de Xirona (Cataluña). Fundado en 1962, en 1989 a entidade converteuse en Sociedade Anónima Deportiva (SAD) e adoptou o nome de Club Bàsquet Girona. Entre 1987 e 2008 competiu na Liga ACB. Após a finalización da temporada 2007−2008, a súa mala situación económica levou á disolución da SAD e a anunciar que o club se ía a dedicar exclusivamente á potenciación do baloncesto base.[1]
- Para o actual equipo de LEB Ouro, véxase Bàsquet Girona.
Con todo, tras unhas rápidas negociacións, e a pesar de que o prazo xa concluíra, a Federación Española de Baloncesto permitiu que o equipo se inscribise, recuperando novamente a súa denominación orixinal de Club Bàsquet Sant Josep, na LEB Bronce para a temporada 2008−2009.[2] Na temporada 2009−10 consegue praza na LEB Ouro tras comprar a praza do CB Vic. Con todo, tan só se mantén tres anos na categoría. En abril de 2013 o club anuncia a súa disolución por mor de problemas económicos.
Remove ads
Historia
O Sant Josep foi fundado en 1962 por Ramon Sitjà. En 1987, coa ampliación da Liga ACB a 24 equipos, o club chega por vez primeira á elite do baloncesto español. Un dos requisitos para participar na máxima categoría era a conversión en Sociedade Anónima Deportiva (SAD), proceso que culminou en 1989 en onde adoptou o nome de Club Bàsquet Girona. Na temporada 1988−89, o club queda no posto 23º e descende. Porén, compra a praza vacante que aparece na ACB após a fusión do Cacaolat Granollers e o Grupo IFA Español. Esta compra de praza supuña tamén unha praza na Copa Korać, producíndose así o debut europeo do club despois dun descenso.
Tras varios anos de loitas pola permanencia, na temporada 2005−06 chega ao club a inmobiliaria Akasbayu. Co novo patrocinador chegan ao club xogadores como Raül López, Fran Vázquez, Roberto Dueñas, Arriel McDonald, Dainius Šalenga ou Samoh Udrih. Coas novas fichaxes o club acada a 7ª posición, a cal era até o momento a súa mellor clasificación na historia. Na seguinte temporada o club suma ao seu elenco a Marc Gasol, Gregor Fučka e Bootsy Thornton. Isto leva ao club a acadar a 5ª posición en ACB e a gañar o EuroChallenge. Con todo, o 25 de xullo de 2008 o club anuncia que non pode facer fronte a unha débeda xerada de 6,5 millóns de euros e disolve a Sociedade Anónima Deportiva.
Na seguinte temporada o club adopta o seu nome orixinal, CB Sant Josep e consegue o permiso da Federación Española de Baloncesto para disputar a LEB Bronce, cuarta categoría do baloncesto español. Na seguinte temporada o club compra unha praza na LEB Ouro, segunda categoría, onde permanece tres temporadas. Na última temporada en LEB, 2012, o club anuncia que non pode facer fronte ao pago das nóminas e en 2013 anuncia a súa disolución definitiva.[3]
Remove ads
Patrocinios
Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
- Valvi Girona (1987−1998)
- Girona Gavis (1998−1999)
- Casademont Girona (1999−2005)
- Akasvayu Girona (2005−2008)
- Sant Josep Girona (2008−2010)
- Girona FC (2010−2012)
- Sant Josep Girona (2012−2013)
Xogadores
Destacados
Nacho Biota
Pere Capdevila
Josep Cargol
Quim Costa
Roberto Dueñas
Toni Espinosa
Xavi Fernández
Germán Gabriel
Marc Gasol
Rafael Jofresa
Tomás Jofresa
Pablo Laso
Raül López
Josep Maria Margall
Román Montañez
Quique Moraga
Jordi Pardo
Juan Rosa
Carlos Ruf
Víctor Sada
Fernando San Emeterio
Herminio San Epifanio
Francesc Solana
Jordi Trias
Fran Vázquez
Ademola Okulaja
Federico Kammerichs
Éric Struelens
Dalibor Bagarić
Gregor Fučka
Danya Abrams
Michael Anderson
Wallace Bryant
Michael Curry
Tyrone Ellis
Adam Keefe
Darryl Middleton
Terrell Myers
Andrew Panko
Reggie Slater
Kevin Thompson
Andy Toolson
Shaun Vandiver
Matt White
Jimmy Wright
Stéphane Dumas
Dainius Šalenga
Duško Ivanović
Marko Kešelj
Marko Marinović
Palmarés
- Campións (1): 2007
Liga Catalá
- Campións (2): 1996, 2006
- Subcampións (1): 2007
Historial
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads