EuroChallenge
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O EuroChallenge (chamada FIBA Europe League entre 2003 e 2005, e FIBA EuroCup entre 2005 e 2008) foi unha competición de baloncesto organizada pola FIBA Europa, sendo a máxima competición masculina que organiza. Nesta competición xogaban os mellores equipos de Europa que non se clasificaron para a Euroliga ou a Copa ULEB, isto é as competicións da Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB). Non debe confundirse coa FIBA EuroCup Challenge, a extinta segunda competición organizada pola FIBA Europa disputada entre o 2002 e o 2007. No ano 2015, a FIBA disolveu a competición para empezar unha nova, a FIBA Europe Cup, co obxectivo de competir coa Eurocup.
Remove ads
Historia
Co propósito de dar continuidade á histórica Copa de Europa, disputada por última vez co nome de Suproliga na tempada 2000-01, o torneo naceu na tempada 2003-04 coa denominación de Liga Europea da FIBA.
Ao consolidarse a Euroliga como máxima competición continental, en novembro de 2004 a FIBA chegou a un acordo coa organización que representa aos equipos escindidos na tempada 2000-01 para recoñecela como sucesora da Copa de Europa e, á súa vez, renomear á súa Liga Europea como Eurocopa de cara á seguinte tempada, converténdose así na terceira competición en importancia no ámbito dos clubs europeos.
O trofeo que se lle entrega ao equipo campión é o mesmo que se empregaba para tal efecto durante a etapa da Copa de Europa. O Maccabi Tel Aviv gravou o seu nome na placa situada na base que acompaña ao trofeo ao gañar a Suproliga no 2001.
Remove ads
Sistema de Competición
A competición organizábase do seguinte xeito:
- Unha primeira fase, na que participan 32 equipos, que se distribúen en oito grupos de catro cada un. Xógase a xeito de liguiña, de tal xeito que tódolos participantes encadrados nun mesmo grupo se enfrontan entre si en dúas ocasións (ida e volta). Os dous primeiros clasificados de cada un avanzan á seguinte fase.
- Unha segunda fase de 16 equipos, distribuídos en catro grupos de catro equipos. O sistema de competición é o mesmo da fase anterior e tamén se clasifican os dous primeiros.
- Un play off de cuartos de final ao mellor de tres partidos.
- Unha Final Four ou final a catro. Dispútanse dúas semifinais a partido único, cuxos vencedores se encontran na final. O vencedor deste último partido álzase co título de campión da competición.
Remove ads
Final Fours
Final Four MVP
- 2003-04:
Martin Müürsepp
- 2004-05:
Kelly McCarty
- 2005-06:
Rudy Fernández
- 2006-07:
Arriel McDonald
- 2007-08:
Giedrius Gustas
- 2008-09:
Keith Langford
- 2009-10:
Taylor Rochestie
- 2010-11:
Goran Ikonić
- 2011-12:
Pops Mensah-Bonsu
- 2012-13:
Chester Simmons
- 2013-14:
Andrea Cinciarini
- 2014-15:
Jamal Shuler
Palmarés
Clubs
Adestradores
Remove ads
Véxase tamén
Notas
Ligazóns
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads