Cluny
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A vila e comuna de Cluny ou Clugny está situada no actual departamento francés de Saona e Loira na rexión de Borgoña, na zona centro-oriental de Francia, a uns 30 km da cidade de Mâcon. A súa poboación era de 4.400 habs. en 2003.
A localidade medrou arredor da Abadía beneditina situada no lugar, fundada por Guillerme I de Aquitania no ano 909. O mosteiro converteuse na maior e máis prestixiosa institución monástica de Europa. O cénit da influencia da orde de Cluny tivo lugar entre a segunda metade do século X até inicios do século XII.
A biblioteca de Cluny foi unha das máis importantes en Francia e Europa durante a Idade Media. A abadía foi sometida a saqueo polos Hugonotes en 1562 e moitos dos seus valiosos manuscritos foron destruídos ou desapareceron.
Remove ads
Véxase tamén
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cluny |
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads