Cobres, Vilaboa
parroquia civil do concello de Vilaboa From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Santo Adrán de Cobres é unha parroquia do concello pontevedrés de Vilaboa. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 1.455 habitantes (732 homes e 723 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cobres.
O peirao de Santo Adrán de Cobres é a base dunha importante frota mexilloeira que opera nas bateas da Ría de Vigo.
Remove ads
Patrimonio
A igrexa parroquial é de planta rectangular, con engadidos laterais da sancristía e unha capela, polo que semella que é de cruz latina. Parece ter as súas orixes no século XVI, con engadidos posteriores.
Nunha parede da igrexa e no muro do adro hai dúas cruces, restos dun primitivo via crucis. Trátase de cruces monolíticas, latinas, grosas, lisas e sen figuras. Presentan sección cuadrangular coas arestas rebaixadas e nos extremos dous brazos e testeiros acabados en cadrados. A primeira delas está pendurada por garfos de ferro na parede exterior dereita, ó carón dunha porta lateral, amosando por debaixo unha mesa/altar moderna. A segunda, apoiada no lateral do muro do adro, pola banda esquerda da igrexa, está sustentada por unha base paralelepípeda coas arestas superiores rebaixadas.

O castelo de Uveiras foi construído nos séculos XIV e XV, e destruído durante a batalla de Rande. Consérvase o baseamento e o comezo dos muros, cunha altura máxima duns 5 m e un ancho de 1,5 m. Ten esquinas en ángulo e un pequeno bastión na cara nordés. Está situado nun outeiro a uns 100 metros de altitude, adaptándose á topografía do terreo, en pendente pronunciada cara ao leste e o sur, e máis suave cara ao oeste e norte. Na zona atopouse cerámica romana e restos de ánforas.
Remove ads
Galería de imaxes
- Frota mexilloeira.
- Esquí acuático na Enseada de San Simón.
- Forno do cal.
Lugares e parroquias
Lugares de Santo Adrán de Cobres
Lugares da parroquia de Cobres no concello pontevedrés de Vilaboa | |
---|---|
Cardiña | Curra | Nores | Pazos | Pousada | Santradán | Sobreira | Uveiras |
Parroquias de Vilaboa
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads