Cocoonase

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A cocoonase (do inglés cocoon, 'casulo' + ase, terminación dos nomes de encimas) é un encima proteolítico[1] similar á tripsina[2] producido polos vermes da seda (especies dos xéneros Bombyx[3] e Antheraea[4][5]) cando se achegan ás fases finais da súa metamorfose. Prodúcese polas células da probóscide[6] e é exsudada sobre as galeas da maxila.[7] A súa función é debilitar as fibras do casulo, facilitando a saída do insecto adulto.

Foi descuberta por Carroll Williams.[8]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads