Brassica oleracea gongylodes
variedade de col From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Brassica oleracea gongylodes, ou col ravo, é unha planta da familia das crucíferas. Denominada no norte de Europa moi frecuentemente como Kohlrabi (xerm. kohl + rabí). É unha variedade de col con gran parte á inchume que posúe a súa carne, de forma case esférica (xocosamente comparada co Sputnik pola súa similitude na forma).
O Kohlrabi foi creado por selección artificial para ser unha planta de crecemento de tipo meristema, a súa orixe na natureza é un cruzamento da planta salvaxe da col silvestre e o ravo branco salvaxe.
Remove ads
Características
Trátase dunha planta con grandes capacidades de cultivo de carácter bienal. Acompaña facilmente aos cultivos de cebolas, florece desde os meses de maio a agosto e posúe unhas flores hermafroditas. A parte comestible da planta é unha especie de bulbo (en realidade é unha especie de talo inmaturo engrosado, a versión madura é de textura madeira) en forma esférica cos troncos saíndo de forma ostensible, o tamaño da parte comestible adoita ser de 5 cm de diámetro, aínda que é variable, podendo chegar diámetros máis grandes, denominados superschmeltz/xigante (todas elas adoitan ter calidade para ser comestible). A cor pode oscilar desde o verde claro (máis habitual), até o violeta (a cor violeta é superficial, no seu interior adoita ter unha carne amarela). Os talos adoitan chegar a crecer de 3 a 5 dm de longo cunha folla ampla (comestible, pero que a miúdo se refuga).
Remove ads
Contido nutricional

Brassica oleracea gongylodes pódese comer tanto cru como cocido (non máis dun cuarto de hora). Adoita ter un alto contido de elementos nutritivos como o selenio, vitamina B, ácido fólico, vitamina C, potasio, magnesio e cobre que adoitan achegar unha enerxía de 24 kcal/100 g.[2]
Remove ads
Usos
O principal uso da planta é culinario, adoita atoparse con relativa facilidade nas verdulerías e nas cociñas de Alemaña, Austria e de Suíza. Aínda que en menor medida pode verse nos Países Baixos e Suecia. Sexa como sexa, por regra xeral adóitase cortar en dados alargados dun centímetro de grosor e é un ingrediente que forma parte das sopas ou das ensaladas tras ser cocido (non máis dun cuarto de hora).
As follas son comestibles, crúas en ensaladas, adoitan cocerse ás veces e servirse como unha col.
Nos Estados Unidos emprégase principalmente como alimento para a gandaría, adóitase empregar por ser das hortalizas de achegue máis importante en carbohidratos, chegando a 6,5 g por cada 100 g de Kohlrabi comestible. Existe no entanto en Hamburg Township, Míchigan a cidade se autodenominado como a "capital mundial do Kohlrabi" na que se celebra anualmente un festival que chegou a acoller a 600 persoas.[3]
Alimentos que se combinan con Brassica oleracea gongylodes
Existen algúns alimentos que se poden combinar con Brassica oleracea gongylodes para elaborar sopas, salsas ou ensaladas.
Bos "veciños"
Malos "veciños"
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
