Colleitadora

maquinaria agrícola para a colleita de produtos agrícolas From Wikipedia, the free encyclopedia

Colleitadora
Remove ads

Denomínase colleitadora[1] a unha máquina dedicada a realizar labores de recolección de produtos agrícolas.

Datos rápidos Cronoloxía, Identificadores ...
Vídeo de dron de colleitadora 2022
Thumb
Colleitadora preparada para cortar plantas de talos grosos
Thumb
Colleitadora descargando o gran.

Nos seus comezos, esta máquina era accionada por un tractor e servía para traballar no sentido de cortar o cultivo, que posteriormente era procesado por outros medios para extraer os grans, proceso denominado trilla ou trillado. Actualmente pódese atopar nunha soa máquina que realiza ambas as operacións e que é autopropulsada.

Remove ads

Partes dunha colleitadora

  • Motor: o motor é o corazón da colleitadora e o que dá forza a todos os mecanismos, na súa maioría diésel.
  • Sistema motor: xeralmente sistema hidrostático con caixa de cambios manual, o sistema encárgase de desprazar a colleitadora.
  • Mecanismo de corte: dependendo do cultivo a colleitar utilízase un ou outro cabezal, é o encargado de cortar o cultivo e posteriormente transportalo até a garganta, onde se atopa o seguinte mecanismo.
  • Mecanismo de trillado: encárgase de esmiuzar a espiga ou vaíña para separar dela o gran a base de revolucións.
  • Mecanismo de limpa: usa un ventilador de aire. Encárgase de separar os grans de partes menos pesadas e de po, o sistema de peneiras separa o gran de partes máis grosas.
  • Sistema de transporte e almacenaxe: mecanismos encargados de transportar o gran limpo até a moega ou depósito de gran, normalmente por medio de infinidades, onde permanecerá até que sexa descargado a un remolque para transportalo.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads