Gralla pequena

From Wikipedia, the free encyclopedia

Gralla pequena
Remove ads

A gralla pequena[5][6], tamén chamada gralla cereixeira,[7] (Coloeus monedula, antes Corvus monedula) é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos, unha das dúas que integran o xénero Coloeus.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Thumb
Distribución da especie en Galicia.
Thumb
Exemplar xuvenil.

Desde que a describiu Linneo en 1758, até hai moi poucos anos, coñeceuse cientificamente como Corvus monedula.

Remove ads

Taxonomía

Descrición

A especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae, baixo o nome de Corvus monedula,[2][8] nome que se mantivo vixente durante moito tempo.[3]

Nota taxonómica

Durante moitos anos Coloeus considerouse como un subxénero de Corvus, pero na actualidade clasifícase como un xénero separado na familia dos córvidos.[9][10][11]

Etimoloxía

Para o xénero, véxase Coloeus

Debido á súa suposta afección a coleccionar moedas, Linneo deulle o nome específico de monedula, elixindo o termo do latín clásico mŏnēdŭla, que era o nome que os romanos lle daban a esta ave (e de cuxa raíz deriva a palabra «moeda»).[12][13]

Remove ads

Características

Mide 33 cm, e os dous sexos son iguais. A maior parte da súa plumaxe é negra ou negra agrisada agás polas fazulas, caluga e pescozo, que son de cor gris clara ou prateada. O iris dos adultos é branco agrisado ou branco prateado,[14]. O iris das grallas inmaturas é celeste.[Cómpre referencia]

A ave é sociable, movéndose en pares (macho e femia) ou en grandes grupos, aínda que as parellas mantéñense xuntas entre as bandadas.[Cómpre referencia]

Remove ads

Distribución e hábitat

As grallas atópanse sobre un ampla área espallándose dende o noroeste de África a través de virtualmente toda Europa, Irán, o noroeste da India e Siberia, onde habitan estepas, bosques, terras de cultivo, praderías, cantís costeiros e vilas.

Comportamento

Dieta

A gralla cereixeira comunmente toma comida do chan pero consegue algunha das árbores. Come insectos e outros invertebrados, sementes da herba e grans, o lixo que aproveitan dos vertedoiros, restos de alimento que atopan nas praias, e comida de casas para paxaros.

Aniñamento

A gralla adoita aniñar en colonias nas cavidades das árbores, cantís ou en ruínas de edificios, ás veces tamén en densas coníferas. Os ovos, normalmente 4-5, son chocados durante 17 ou 18 días e os pitos están completamente desenvolvidos logo de 30-35 días.

Canto

O seu canto é un "tchak-tchak" ou "kieek-kieek".

Comportamento social

Thumb
Gralla comendo no inverno polaco.
Thumb
Coloeus monedula

Konrad Lorenz estudou as complexas interaccións sociais que acontecían en grupos de grallas e publicou as súas observacións detalladas do seu comportamento social no seu libro King Solomon's Ring (O Anel do Rei Salomón). A razón de estudar a gralla, Lorenz colocou aneis de cores nas patas das grallas que vivían ao redor da súa casa en Altenberg, Austria, para identificalas, e os engaiolou no inverno pola súa migración anual fóra de Austria. O seu libro describe as súas observacións nas estruturas de grupos xerárquicos, as aves en maior xerarquía dominantes das de menor xerarquía. O libro tamén grava as súas observacións nos fortes enlaces macho-femia; el notou que nun par cada ave ten o mesmo rango na xerarquía, e que unha femia de gralla con rango baixo subiu na escaleira social cando se converteu na compañeira dun macho de alto rango.

Observouse ás grallas compartindo comida e obxectos. O activo dar de comida é raro nos primates, e en aves é atopado principalmente no contexto do coidado paternal. As grallas amosaron niveis máis altos á hora de compartir comida cós documentados en chimpancés. A función do seu comportamento non é totalmente entendida, aínda que se pescudou que é compatible coa hipótese de mutualismo, reciprocidade e evasión do hostigamiento.[15] Defenden aos seus conxéneres que se atopan en perigo: "As aves ameazaban a cantos pasaban xunto ás súas crías, que caeran do niño ao chan, ata que a policía local rescatounas para levalas a un centro zoolóxico."

Remove ads

Outras grallas

A outra especie do xénero Coloeus é Coloeus dauuricus, do Extremo Oriente (sueste de Siberia, sur de Mongolia e gran parte da China). A gralla cereixeira e maila dáurica xuntas formaron durante moito tempo o subxénero Coloeus, do xénero Corvus.

Por outra parte, en Galicia algúns lle chaman gralla grande á especie Corvus frugilegus, que outros denominan gralla calva.[14]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads