Coloeus

xénero de aves From Wikipedia, the free encyclopedia

Coloeus
Remove ads

Coloeus é un xénero de aves paseriformes da familia dos córvidos.

Máis información ColoeusGrallas, Clasificación científica ...
Thumb
Coloeus dauuricus. Lámina na obra de Coenraad Jacob Temminck e Hermann Schlegel Fauna Japonica (1833-1850), baseada nas coleccións de Philipp Franz von Siebold (que editou o texto).

Comprende dúas especies de pequenas aves que semellan seren corvos en miniatura e que son coñecidas vulgarmente como grallas,[2] unha delas, de distribución europea, está presente en Galicia, mentres que a outra se distribúe polo Extremo Oriente (sueste de Siberia, sur de Mongolia e gran parte da China).

Durante moitos anos, e aínda hoxe para algúns, o xénero foi considerado como un subxénero de Corvus.

Remove ads

Taxonomía

Descricíón

O xénero foi creado en 1829 polo naturalista alemán Johann Jakob Kaup,[3][4][5] nun traballo publicado na páxina 114 de Skizz.Entwick.-Gesch.Europ.Thierw.[6][7]

Etimoloxía

O nome Coloeus é un termo do latín científico tirado do nome co que no grego antigo se denominaba ás grallas, κολοιός koloiós.[8][9]

Especies

No xénero recoñécense dúas especies:[3][4][7][5]

Subespecies

A segunda das especies citadas comprende as seguintes catro subespecies:[4][11][5]

  • Coloeus monedula (Linnaeus, 1758)
    • Coloeus monedula cirtensis Rothschild & Hartert, 1912
    • Coloeus monedula monedula (Linnaeus, 1758)
    • Coloeus monedula soemmerringii (Fischer von Waldheim, 1811)
    • Coloeus monedula spermologus (Vieillot, 1817)

Nota taxonómica

Durante moitos anos Coloeus considerouse como un subxénero de Corvus, pero na actualidadese clasifícase como un xénero separado na familia dos córvidos.[12][13][14]

Remove ads

Características

De tamaño relativamente pequeno, tieñen o píleo (mitra ou cu das aves), a parte frontal do rostro, as ás e a cola de cor negra, e o resto da súa plumaxe é gris.[10]

A especie oriental é máis pequena que a occidental, e as partes claras da súa plumaxe son máis claras que as da occidental, dunha cor gris clara na oriental, mentres que as da occidental son principalmente de cor gris escura. En cambio, o iris do ollo é máis claro na occidental e escuro na oriental. Ademais, na oriental a garganta e o centro do peito tamén son negros. Polo demais, as dúas especies son moi similares na súa forma corporal, comportamento e chamadas.[10]

Aínda que debido a isto poderiase argumentar que serían dúas subespecies dunha única especie, non se cruzan nas zonas de Mongolia onde as súas áreas de distribución se superpoñen.[10]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads