Comarca do Morrazo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Comarca do Morrazo
Remove ads

A comarca do Morrazo,[1] é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. Pertencen a ela os concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña. Limita ó norte coa ría de Pontevedra, ó leste coa comarca de Pontevedra, ó sur coa ría de Vigo e ó oeste co océano Atlántico.[2]

Datos rápidos Localización, Contén a división administrativa ...

É a comarca máis pequena de Galicia (140,64 km², o 0,48% de Galicia).[3] Tiña 82 439 habitantes no 2021, sendo a terceira comarca máis densamente poboada da comunidade (584,66 hab/km²).[4]

É unha das comarcas naturais e sociolóxicas con máis carácter de Galiza polo seu condicionamento xeográfico. A actual comarca administrativa correspóndese só cunha parte da comarca xeográfica e histórica, a Península do Morrazo, que abrangue tamén o concello de Vilaboa (agás a parroquia de Bértola e unha parte da de Figueirido, e o barrio de Paredes na parroquia de Vilaboa). Tamén forma parte da península as parroquias pontevedresas de Lourizán e a maior parte da de Salcedo. Antigamente mesmo a propia cidade de Pontevedra estaba incluída no arciprestado do Morrazo.

O concello de Vilaboa, malia pertencer ó partido xudicial de Cangas, foi integrado na comarca de Pontevedra debido a factores de funcionalidade, e as parroquias pontevedresas de Salcedo e Lourizán por pertencer ó propio concello capitalino. Nun principio tampouco se incluíu o concello de Marín, pero a petición dos seus habitantes, foi integrada na do Morrazo.

Remove ads

Municipios

Os municipios que forman a comarca do Morrazo son:

Máis información Nome do concello, Poboación (2001) ...
  • Bueu: Municipio de 11.950 habitantes[8] situado ó noroeste.
  • Marín: Municipio de 24.242 habitantes[8] situado ó nordeste. Posúe un dos portos de pesca conxelada máis importante de España, tamén é a sede da Mariña.
  • Moaña: Municipio de 19.452 habitantes[8] situado ó sueste. Posúe a sede de Fandicosta e estaleiros.
  • Cangas: É o municipio máis poboado e importante da comarca, residen nel 26.708 persoas.[8] É un dos puntos turísticos máis importantes de Galicia.
Remove ads

Economía

A economía da comarca baséase no sector servizos e na pesca. Actualmente hai activas na comarca preto de 34.000 persoas.

Delas teñen emprego 29.821 (xuño do 2022) e están desempregadas 5.630.[9]

O Morrazo posúe varios portos:

Porto de Marín: É un porto moi importante no ámbito da pesca fresca, sitúase nun dos postos máis importantes en descarga de peixe de España.

Porto de Cangas: É un porto de baixura, importante no ámbito galego. Un dos portos de baixura máis importantes de Galicia.

Porto de Bueu: É un porto de baixura, destaca pola descarga do polbo.

Porto de Moaña: É un porto no que destaca a descarga de mexillón.

Porto de Aldán: É un porto no que destaca a descarga de mexillón.

O turismo tamén é un factor moi importante na comarca sobre todo no municipio de Cangas, aínda que o turismo é importante en toda a comarca. Esta conta con numerosas praias e numerosos quilómetros de costa.

Máis información Sectores produtivos na Comarca do Morrazo ...
Remove ads

Demografía

A poboación do Morrazo era de 82.439 habitantes no 2021. A comarca conta cun saldo vexetativo negativo e un saldo migratorio que se alterna por anos. Ao longo da década dos anos dez do século XXI, o concello de Marín foi superado polo de Cangas en poboación.[10] O número de habitantes de Cangas mantívose á alza durante todo o século XXI, experimentando un crecemento constante durante os anos. Caso semellante, pero menos importante en canto a cifras foi Moaña que mantivo unha lixeira tendencia ascendente, mentres que pola contra no de Bueu e especialmente no de Marín a tendencia foi descendente.[10]

Máis información Padrón municipal 2020, 82.226 habitantes ...

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal na Galería de imaxes da comarca do Morrazo

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads