Comité Revoluzonareo Arredista Galego

organización galeguista na Habana From Wikipedia, the free encyclopedia

Comité Revoluzonareo Arredista Galego
Remove ads

O Comité Revoluzonareo Arredista Galego (CRAG) foi unha agrupación política soberanista galega fundada na Habana por Fuco Gómez en 1921. Estaba artellada do mesmo xeito que as sociedades secretas nacionalistas irlandesas ou catalás do momento. Perseguía a caída da monarquía, da ditadura de Primo de Rivera e a independencia de Galicia. Mantiña unha liña ideolóxica parella á Sociedade Nazonalista Pondal de Buenos Aires. O seu carácter de organización secreta e semiclandestina[1] dificulta o acceso aos historiadores aos seus textos. A intención era artellar e coordenar o movemento arredista galego desde Cuba pero con grupos activos en Galicia.

Datos rápidos Instancia de, Ideoloxía política ...
Thumb
Fuco Gómez foi o principal animador do CRAG.
Remove ads

Accións

O 25 de xullo de 1922 o CRAG fixo a declaración Independenza ou morte.[2] Máis tarde a organización redactou un proxecto de constitución para Galiza, e deseñou unha bandeira, himno e escudo para a República de Galicia.[3]

En outubro de 1933 o Comité Revoluzonario Arredista Galego publicou na Coruña o panfleto “A independencia absoluta, única salvación de Galicia”, manifesto que denunciaba a dependencia económica de Galiza baixo o réxime republicano español. Esta publicación foi requisada por orde gobernativa por promover a instauración o 17 de Nadal dese mesmo ano a República Galega en todas as cidades do país, coincidindo co aniversario do asasinato de Pardo de Cela, colocando a bandeira arredista nas casas consistoriais. Fuco Gómez, autor do texto, tivo que fuxir a Portugal.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads