Commelinales

orde de plantas monocotiledóneas From Wikipedia, the free encyclopedia

Commelinales
Remove ads

A das commelinales (Commelinaleses) é unha orde de plantas anxiospermas monocotiledóneas.

Máis información CommelinalesCommelinales Rango fósil: cretáceo tardío - actualidade, Clasificación científica ...

A orde está composta por cinco familias (nas clasificacións filaxenéticas modernas) ou catro (na clasificacións "cásicas"). En tyoptal, a orde comprenden 812 especies distribuídas en 68 xéneros.

A pesar de ter poucas familias e de ser monofilético segundo as análises moleculares de ADN, a orde é moi diversa desde o punto de vista da morfoloxía. De feito, a unión de todas as familias nun mesmo clado resultou sorprendente, xa que as sinapomorfías quedan prccticamente restrinxidas a certos caracteres fitoquímicos (como a presenza de fenilfenalenonas e a algúns caracteres da semente (como, por exemplo, a presenza dun abundante endosperma helobial).

O grupo troncal das commelinales data de hai uns 114 millóns de anos (MA), no cretáceo tardío.

A diverxencia dentro do grupo comezou hai uns 110 MA, segundo Janssen e Bremer.[2]

As datas, segundo Wikström et al.[3] son 81-73 e 71-66 MA respectivamente. Porén, hai que ter en conta que que Janssen e Bremer (Op. Cit.) utilizaron unha topoloxía para datar os clados diferente.

Remove ads

Clasificación

Na clasificación "clásica" de Cronquist (1981) a orde comprende 4 familas:

  • Commelinaceae
  • Mayacaceae
  • Rapateaceae
  • Xyridaceae

Pero en sistemas de clasificación modernos, como os do Angiosperm Phylogeny Group (APG) grupo de botánicos que traballan na filoxenia vexetal utiliando técnicas moleculares e a análise cladística, a clasificación varía bastante.

Na súa primeira clasificación, do ano 1998,[4] incluían tamén catro familias, pero moi diferentes:

  • Commelinaceae
  • Haemodoraceae
  • Philydraceae
  • Pontederiaceae

No Angiosperm Phylogeny Website (do ano 2001 en adiante),[5] e nas clasificacións APG II (do ano 2003) e APG III (do ano 2009), nas que a orde se sitúa na subclase das Commelinidae, da clase das Liliopsida = Monocotyledoneae. a circunscrición modificouse un pouco:

Segundo APG III,[6] e o Angiosperm Phylogeny Website,[5] as familias son:

  • Hanguanaceae (familia nº 77)
  • Commelinaceae (familia nº 78)
  • Philydraceae (familia nº 79)
  • Pontederiaceae (familia nº 80)
  • Haemodoraceae (familia nº 81)

Os números de familia consignados arriba, son os atribuídos polo Lineal APG III (LAPG III 2009).[7]

As familias das Mayacaceae, Rapateaceae e Xyridaceae foron desprazadas á orde das Poales.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads