Concello de Arboga

From Wikipedia, the free encyclopedia

Concello de Arbogamap
Remove ads

Arboga é un concello sueco (s. kommun) do condado de Västmanland,[1] A súa capital é a homónima vila de Arboga. En decembro de 2024 o municipio tiña unha poboación de 13 980 habitantes.[2]

Datos rápidos Localización, Capital ...

O municipio está situado na costa norte do lago Hjälmar. A economía local está dominada por industrias do metal e enxeñería.

O desenvolvemento da poboación foi durante tempo relativamente estable, aínda que houbo unha diminución de poboación dende que se creou o concello ata o ano 2015. En decembro de 2024 Arboga tiña unha poboación de 13 980 habitantes.[3] Tradicionalmente o concello foi un forte bastión para os socialdemócratas, que deixaron o poder en 2016 tras 97 anos de alcaldía ininterrompida.

Remove ads

Xeografía

Con respecto ás rexións históricas, as terras do concello de Arboga pertenceron ás rexións (landskap) de Västmanland e Närke. Coa reforma municipal de 1971, á cidade de Arboga sumáronselle as terras do antigo concello rural de Medåker, e tres anos máis tarde a parroquia de Götlunda pasou a Arboga desde o concello de Orebrö.

O concello limita ao leste cos de Kungsör e Eskilstuna, ao oeste cos de Orebrö e Lindesberg, e ao norte co municipio de Köping.

Hidrografía

Aínda que como é xeral en Suecia hai abondos lagos no territorio municipal, o máis destacado é o Hjälmar,[1] un dos maiores lagos do país, e que tamén é a principal fonte de auga do concello.[4] O río Arbogaån cruza o municipio de oeste a leste, abre a canle Hjälmar que comunica co lago do mesmo nome, e prosegue por outros municipios ata facer foz no lago Mälar, o que está ás costas de Estocolmo. Outros grandes lagos do concello son o Högsjön e o Tjurlången. A eutrofización é un problema importante que afectou a case todos os cursos de auga e lagos do municipio.[5]

Protección natural

No ano 2022 había 12 reservas naturais no municipio de Arboga.[6] Entre elas atópase a reserva de Amerika con bosque e pantanos, así como as dúas lagoas de Amerikasjön e Lungsjön. Na zona hai varias especies de libeliñas, así como animais máis grandes como castores, gamos, cervos e alces.[7] A reserva de Södra Hammaren, situada ao lado da de Norra Hammaren, é unha reserva creada xa no ano 1920. No vello prado de feo medran hoxe árbores que teñen uns 200 anos.[8] Outros exemplos de alfaias naturais son as illas de Hengrundet, Notholmen ou Valen[6], no lago Hjälmar.

Áreas urbanas

Na delimitación de aglomeracións do Instituto Nacional de Estadística de Suecia en 2015 había tres áreas urbanas no municipio de Arboga.

Máis información Nr, Área urbana ...
Remove ads

Economía e infraestruturas

A economía local está dominada polas industrias de metal e de talleres, algo típico nos concellos do interior do val do Mälaren. Este tipo de industrias foi complementada posteriormente cunha industria de tecnoloxía da información de rápido crecemento, formada por pequenas e medianas empresas, que son en gran parte empresas de consultoría para a empresa máis grande do municipio, o Grupo Saab.[9]

Transporte

As rutas europeas E18 e E20 atravesan o concello de oeste a leste, ao igual que a estrada do condado 249. A través do municipio tamén pasa a liña de ferrocarril Mälarbanan (Estocolmo–Västerås–Örebro–Hallsberg).[9]

O aeródromo militar de Arboga pertence no presente a Saab e un obxecto protexido que non se pode fotografar e ao que non se pode acceder.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads