Concello de Gotland

concello de Suecia From Wikipedia, the free encyclopedia

Concello de Gotlandmap
Remove ads

Gotland é un municipio sueco (kommun) cunha responsabilidade ampliada de tarefas que normalmente pertencen ás rexións suecas. O concello tamén ten responsabilidades de desenvolvemento rexional dende o ano 2011.[1] En relación con isto o municipio comezou a utilizar o nome de Region Gotland en lugar do aínda oficial Gotlands kommun.

Datos rápidos Localización, Capital ...

As condicións do leito rochoso da zona dan forma tanto aos accidentes xeográficos horizontais e verticais do municipio como aos individuais. Isto dá como resultado que a área teña unha topografía única no país. A economía da illa diferénciase notablemente da doutros condados suecos e da sueca no seu conxunto. A proporción de persoas que traballa na aricultura e alta, na industria baixa, e nas industrias de servizos moi alta.

En decembro do ano 2024 o municipio de Gotland tiña unha poboación de 60 971 habitantes.[2]

Remove ads

Administración histórica

Thumb
Concellos e parroquias de Gotland entre 1952 e 1970

A zona do municipio/rexión correspóndese a todas as parroquias de Gotland e á cidade de Visby. Coa reforma municipal de 1862 fundáronse municipios rurais co mesmo nome que as parroquias, e na cidade de Visby fundouse un stadskommun.

A localidade municipal de Hemse estableceuse o 25 de xullo de 1886 no concello rural de Hemse. No ano 1936 o municipio rural de Visby incorporouse á cidade de Visby e ese mesmo ano o municipio rural de Othem reorganizouse como o köping de Slite.

Coa reforma municipal de 1952 fundáronse na illa 12 grandes municipios:

  • Dalhem (de Dalhem, Ekeby, Ganthem, Gothem, Hörsne con Bara, Källunge, Norrlanda e Vallstena)
  • Fårösund (de Bunge, Fleringe, Fårö e Rute)
  • Havdhem (de Eke, Grötlingbo, Hablingbo, Havdhem, Näs e Silte)
  • Hemse (de Alva, Fardhem, Gerum, Hemse, Levide, Linde, Lojsta, e Rone)
  • Hoburg (de Fide, Hamra, Sundre, Vamlingbo e Öja)
  • Klintehamn (de Västergarn, Sanda, Mästerby, Väte, Hejde, Klinte, Fröjel, Eksta e Sproge)
  • Ljugarn (de Alskog, Ardre, Etelhems, Garde, Lau e Lye)
  • Lärbro (de Hall, Hangvar, Hellvi e Lärbro)
  • Romakloster (de Akebäck, Ala, Anga, Barlingbo, Björke, Buttle, Endre, Follingbo, Gammelgarn, Guldrupe, Halla, Hejdeby, Kräklingbo, Östergarn, Roma, Sjonhem, Vänge e Viklau)
  • Stenkumla (de Atlingbo, Eskelhem, Hogrän, Tofta, Stenkumla, Träkumla, Vall e Västerhejde)
  • Stånga (de Burs, När e Stånga)
  • Tingstäde (de Bro, Bäl, Fole, Hejnum, Lokrume, Lummelunda, Martebo, Stenkyrka, Tingstäde e Väskinde)

Coa reforma de 1952 o municipio rural de Boge incorporouse ao köping de Slite, mentres que Visby permaneceu sen cambios. A localidade municipal de Hemse disolveuse a finais de 1958.

O municipio de Gotland fundouse en 1971 a partir da cidade de Visby, o köping de Slite e os doce concellos rurais de Dalhem, Fårösund, Havdhem, Hemse, Hoburg, Klintehamn, Ljugarn, Lärbro, Romakloster, Stenkumla, Stånga e Tingstäde.[3]

Remove ads

Xeografía

O concello de Gotland coincide coa provincia histórica de Gotland e o condado de Gotlands, o que inclúe á illa principal e ás illas circundantes, sendo as máis importantes destas Fårö, Stora Karlsö, Lilla Karlsö e Gotska Sandön.

Topografía e hidrografía

As condicións do leito rochoso da área configuran as formas horizontales e verticais do municipio, así como as formas individuais do relevo. Isto significa que o concello teña unha topografía única no país. A superficie terrestre constantemente baixa, que na súa maior parte está por debaixo dos 30 metros sobre o nivel do mar, é cha. A inclinación das capas do leito rochoso fai que superficie, semellante a unha meseta, ten unha lixeira pendente cara o sueste. Os terreos altos e baixos dependen da variada resistencia das rochas á degradación. As zonas con calcaria dura acadan alturas de 40-70 metros sobre o nivel do mar, unha das cales atravesa a illa dende Tofta ata Fårö e a outra dende Klinte ata Östergarn. Neste último tramo atópase o punto máis alto da illa en Lojsta, que está a 82 metros sobre o nivel do mar, e tamén a illa de Lilla Karlsö cunha altura de 66 metros e a de Stora Karlsö con 56. Nas zona onde as rochas superficiais consisten en margas arxilosas máis brandas, o chan é significativamente máis baixo. Ao longo da área costeira do noroeste hai unha costa alta, recta e escarpada, coñecida como klintkust (costa de cantís), debido á pendente da rocha sedimentaria da illa. No leste a costa é baixa e o litoral é irregular. Fóra da zona costeira formáronse cornixas no fondo do mar que están delimitadas cara ao exterior por cantís submarinos. Na liña de costa, a erosión e a meteorización illaron barrancos de 50-150 metros de ancho que, como as covas, recibiron moita atención. Adoitan atoparse reunidos en campos, como en Irevik e en Lilla Karlsö. En Fårö, pero tamén en varios outros lugares, hai praias de croios.[4]

Outro trazo destacable de Gotland son os terrapléns de praia (strandvallar) de diferentes etapas da historia do mar Báltico. Exemplos son terrapléns da época do ancylus, na era cuaternaria, que no norte chegan aos 45 metros sobre o nivel do mar e no sur aos 19 metros. Nos niveis máis baixos, atópanse terrapléns de littorina onde tamén se atopan a maioría dos rauks. Entre os fenómenos que xurdiron durante o ancylus están os grandes rauks de Hoburgsgubben no sur, ao igual que varias covas, como a de Stora Förvar na illa de Stora Karlsö. Torsburgen e Klinteberget, que se elevan 68 e 53 metros sobre o nivel do mar respectivamente, son exemplos de cantís interiores. Xeralmente, a capa fina do solo está formada por arxila calcaria de morena, aínda que hai terra de turba e area. Porén, a area atópase principalmente nas costas. A illa de Gotska Sandön está formada enteiramente por acumulacións de area. Debido á topografía cha e á permeabilidade da calcaria en Gotland non hai cursos de auga importantes, o que deu lugar á formación de regatos subterráneos e carsos, por exemplo en Lummelunda co seu famoso sistema de covas.[4]

Conservación da natureza

No ano 2025 no concello había un parque nacional, a illa de Gotska Sandön, que é o lugar máis solitario do mar Báltico. Ademais dunha serie de sitios que son patrimonio cultural, na zona prosperan os insectos. Unha parte destes atopáronse na illa por primeira vez e algúns tamén teñen aquí a súa única aparición nórdica coñecida, incluíndo sete especies de escaravellos.[5] Ademais hai plans para crear outro, Bästeträsk, que inclúe terras de alvar, mesetas cársticas, zonas húmidas, costa, lagos e bosques vellos.[6] Tamén en 2015 había en Gotland 157 reservas naturais, estando dúas delas, Galgberget e Södra Hällarna, xestionadas pola propia rexión.[7]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads