Concello de Karlshamn

From Wikipedia, the free encyclopedia

Concello de Karlshamnmap
Remove ads

Karlshamn é un municipio sueco (kommun) do condado de Blekinge.[1] A súa capital é Karlshamn. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 32 260 habitantes.[2]

Datos rápidos Localización, Capital ...

O municipio está na zona occidental do landskap de Blekinge. Limita ao oeste co concello de Olofström, ao suroeste co de Sölvesborg, e ao leste co de Ronneby, todos no condado de Blekinge, e ao norte co municipio de Tingsryds no condado de Kronoberg. Ao sur Karlshamn limita co mar Báltico. En dirección norte-sur flúe o río Mörrumsån, que desemboca no Báltico. No concello atópase un dos arquipélagos máis grandes de Blekinge, o arquipélago de Hällaryd.

Remove ads

Administración histórica

A área do concello correspóndese coa das parroquias de Asarum, Elleholm, Hällaryd, Mörrum, Ringamåla e Åryd. Nesa parroquias, agás na de Ringamåla, fundáronse concellos rurais co mesmo nome durante a reforma municipal de 1862. Na zona tamén estaba a cidade de Karlshamn que en 1863 fundou un stadskommun. O municipio rural de Ringamåla fundouse en 1881 ao separarse do concello de Asarum.

Coa reforma municipal de 1952 fundáronse na zona tres grandes concellos: Hällaryd (de Hällaryd e Åryd), Asarum (pola reunificación de Asarum e Ringamåla), e Mörrum (de Elleholm e Mörrum), mentres que a cidade de Karlshamn permaneceu sen cambios.

En 1967 os concellos rurais de Asarum, Hällaryd e Mörrum incorporáronse á cidade. O concello de Karlshamn naceu coa reforma muncipal de 1971 a través da reorganización da cidade de Karlshamn.[3]

Dende a súa fundación ata o ano 2001 o concello pertenceu ao partido xudicial de Karlshamn, e dende entón pertence ao de Blekinge.[4]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads