Concello de Nora

From Wikipedia, the free encyclopedia

Concello de Noramap
Remove ads

Nora é un concello sueco no condado de Örebro.[1] A súa capital é a localidade de Nora. En decembro do ano 2024 o municipio tiña unha poboación de 10 639 habitantes.[2]

Datos rápidos Localización, Capital ...

O concello atópase na rexión mineira de Bergslagen e coopera cos municipios adxacentes do grupo KNÖL (Kommuner i Norra Örebro län): Lindesberg, Ljusnarsberg e Hällefors. Os concellos cooperan en temas como estradas, xestión do lixo ou tempo libre.

Remove ads

Historia administrativa

A área do concello correspóndese coa das parroquias de Järnboås, Nora e Viker (dende 1878). Nesas parroquias creáronse coa reforma municipal de 1862 concellos rurais co mesmo nome, aínda que o concello rural de Viker formouse en 1878 por unha excisión do de Nora. Na zona tamén estana a cidade de Nora na que en 1863 formouse un concello urbano.

Coa reforma municipal de 1952 creouse o gran concello de Noraskog pola fusión dos anteriores municipios de Hjulsjö, Järnboås Nora e Viker, mentres que a cidade de Nora permaneceu sen cambios.

O concello rural de Noraskog incorporouse en 1965 á cidade de Nora, da cal a parroquia de Hjulsjö separouse en 1967 para incorporarse ao köping de Hällefors. O actual concello de Nora naceu coa reforma muncipal de vid 1971 despois da reorganización da cidade de Nora.[3]

Remove ads

Xeografía

O concello de Nora atópase no centro do condado de Örebro. Ao nordés limita co municipio de Lindesberg, ao sueste co de Örebro, ao suroeste co de Kalskoga, e ao noroeste co de Hällefors, todos eles en Örebro.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads