Condado de Torrecedeira

título nobiliario español From Wikipedia, the free encyclopedia

Condado de Torrecedeira
Remove ads

Conde de Torrecedeira é un título nobiliario concedido pola raíña rexente María Cristina de Habsburgo-Lorena en Real Despacho de 3 de xaneiro de 1891[1] a Manuel Bárcena Franco, que foi alcalde de Vigo e fundador da Caja de Ahorros-Monte de Piedad de Vigo.

Datos rápidos Primeiro titular, Concesión ...
Thumb
Rúa do Conde de Torrecedeira de Vigo.
Remove ads

Descendencia

O primeiro conde, casado con Dolores de Andrés-García López, tivo tres fillos, pasando o título de conde ao seu primoxénito, Manuel Bárcena Andrés, cónsul de Inglaterra en Vigo e primeiro presidente do Real Club Celta, que casou con Obdulia de Castro Montenegro.

Cando morreu, o título pasou o seu primoxénito Manuel Bárcena Castro, casado con Mercedes Iñíguez Galíndez, faleceu en 1962 sen descendencia.

Obtivo carta de sucesión o seu irmán, Felipe Bárcena Castro, casado con María del Pilar Varela de Limia y Pais. Ao pasamento pasou a ser o quinto conde o primeiro fillo, Felipe Bárcena Varela de Limia, naturalista nado en Madrid en 1946 e primeiro presidente da Asociación de Amigos de los Pazos.[2]

Remove ads

Condes de Torrecedeira

Casou con Dolores de Andrés López. Sucedeuno, en 1908, o seu fillo:
Casou con Obdulia de Castro Montenegro. Sucedeuno, en 1930, o seu fillo:
Casou con Mercedes Iñíguez Galíndez. Sucedeuno, en 1966, o seu irmán:
Casou con María del Pilar Varela de Limia País. Sucedeuno, en 1985, o seu fillo:
  • Felipe Bárcena Varela de Limia (n. en 1946), V conde de Torrecedeira.
Casou con Rosa María de Labra Morán.
Remove ads

Escudo

O escudo de armas é o dos Bárcena. En campo de goles, seis basantes de prata dispostos dous, dous e dous. Timbrado con coroa condal.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads