Condrocito

From Wikipedia, the free encyclopedia

Condrocito
Remove ads

Os condrocitos (do grego chondros, cartilaxe + kytos, célula) son as únicas células que se encontran nas cartilaxes. A súa misión é producir e manter a matriz do tecido cartilaxinoso, a cal consta principalmente de coláxeno e proteoglicanos. Aínda que o termo condroblasto aínda se usa bastante para describir a un condrocito inmaturo, o uso dese termo é desaconsellado por ser tecnicamente inexacto, xa que as células proxenitoras dos condrocitos (que son células nai mesenquimáticas) poden tamén diferenciarse en osteoblastos. A organización dos condrocitos na cartilaxe difire segundo o tipo de cartilaxe de que se trate e do lugar onde se localiza o tecido.

Thumb
Condrocitos da cartilaxe hialina mostrando os seus orgánulos, as "lagoas" (onde se sitúan as células) e a matriz extracelular.
Thumb
Condrocitos na cartilaxe hialina.
Thumb
Condrocito, tinguido para o calcio, mostrando o núcleo (N) e mitocondrias (M).
Remove ads

Características

Os condrocitos atópanse en cavidades do tecido cartilaxinoso chamadas lagoas (lacunae). Case nunca teñen prolongacións, aínda que a súa superficie é bastante irregular vista ao microscopio electrónico. As células tenden a formar pequenos grupos, no que as células de cada grupo derivan da mitose dunha soa célula. O núcleo é redondo ou oval, o retículo endoplasmático e o aparato de Golgi están ben desenvolvidos, especialmente cando se está a formar a matriz da cartilaxe, momento no que o Golgi se fai extraordinariamente grande e solta vesículas cargadas de material da matriz, que se dirixen á membrana plasmática. Os condrocitos fabrican o coláxeno e os proteoglicanos da matriz no retículo endoplasmático e aparato de Golgi [1].

Remove ads

Diferenciación

De menos diferenciadas a totalmente diferenciadas, a liñaxe dos condrocitos é a seguinte:

  1. Fibroblasto da unidade formadora de colonias (CFU-F)
  2. Célula nai mesenquimal / célula do estroma da medula ósea (MSC)
  3. Condrocito
  4. Condrocito hipertrófico.

Cando nos estamos a referir ao óso ou á cartilaxe, as células nai mesenquimais (MSC) son normalmente denominadas células osteocondroxénicas (ou osteoxénicas, condroxénicas, osteoproxenitoras etc.), xa que unha célula nai mesenquimal ten a capacidade de diferenciarse en condrocitos ou osteoblastos, dependendo do medio onde está. In vivo a diferenciación dunha célula nai mesenquimal nunha área vascularizada (como o óso) orixina un osteoblasto, entanto que nunha área non vascularizada (como a cartilaxe) orixina un condrocito. Os condrocitos sofren unha deferenciación terminal cando se fan hipertróficos durante a osificación endocondral. Esta última fase está caracterizada por importantes cambios fenotípicos na célula [2][3].

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads