Conoidasida

From Wikipedia, the free encyclopedia

Conoidasida
Remove ads

Conoidasida é un grupo de protistas clasificados como unha clase do filo dos Apicomplexos. A clase foi definida en 1988 por Levine[1] e contén dúas subclases: os coccidios e as gregarinas. Todos os membros desta clase teñen un orgánulo chamado conoide truncado, oco e completo. As gregarinas adoitan ser parasitas de invertebrados e con gamontes maduros extracelulares; os coccidios na súa maioría infectan a vertebrados e teñen gamontes intracelulares.

Máis información Clasificación científica, Subclases ...
Remove ads

Características

A maioría das especies presentan un conoide, que forma un cono completo pero truncado. A outra clase de Apicomplexos, os Aconoidasida, teñen un conoide só durante o estadio de oocineto e carecen del no resto do seu ciclo vital, pero os Conoidasida téñeno xeralmente durante todo o seu ciclo vital.

No ciclo vital de todas as especies hai reprodución sexual e asexual. Normalmente, cada cigoto forma unha parede de ooquiste dentro da cal realiza a meiose. Despois disto, algunhas veces prodúcese mitose. Este proceso de esporogonia produce esporozoítos infecciosos vermiformes móbiles.

Tamén se producen múltiples divisións mitóticas (esquizogonia) durante a merogonia dos estadios nos que se alimenta (trofozoítos) e durante a gametogonia.

Motilidade

Os microgametos dalgunhas especies son flaxelados. A locomoción que presentan outros gametos e outros estadios mótiles é por escorregamento ou flexión da célula. Algunhas especies posúen pseudópodos, pero utilízanos para a fagocitose soamente.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads