Consello de Galiza
organismo no exilio fideicomisario da vontade autonómica do pobo galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Consello de Galiza foi unha entidade política galega que se constituíu o 15 de novembro de 1944 en Montevideo e que pretendía aglutinar os deputados galegos, por riba de partidos políticos, para dotar dun órgano político a Galicia no exilio e que pretendía actuar na práctica como un goberno galego no exilio, lexitimado polo Estatuto de autonomía que se sometera a plebiscito en 1936, pero sen chegar a constituírse formalmente como a Xunta que prevía o propio Estatuto.

Remove ads
Historia e características
A iniciativa da constitución do Consello de Galiza foi de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, influído polo pensamento de José Antonio Aguirre, o lehendakari no exilio. O seu primeiro presidente foi o propio Castelao e estaba formada ademais, nun primeiro momento, por Antón Alonso Ríos, Ramón Suárez Picallo e Elpidio Villaverde. Posteriormente integrouse Alfredo Somoza.

Coa morte de Castelao o 7 de xaneiro de 1950 e o exilio de Ramón Suárez Picallo en Chile, o Consello de Galiza quedou orfo de figuras representativas. Para reactivalo os deputados Alonso Ríos, Suárez Picallo e Villaverde convocaron aos directivos das principais sociedades galegas a unha xuntanza o 11 de xullo de 1960 na sede do Centro Pontevedrés. Nesa reunión foi nomeado Antonio Alonso Pérez secretario xeral de coordinación do novo Consello de Galiza. Editaron o boletín Consello de Galiza.
Recoñecemento de Castelao como primeiro presidente
O 15 de novembro de 2024, na conmemoración do 80º aniversario do Consello de Galiza, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao foi recoñecido -simbolicamente, non oficialmente- como primeiro presidente da autonomía política do país no Parlamento de Galicia.[1][2] Co gallo do 75 aniversario da morte de Castelao, o BNG, en xaneiro de 2025, propuxo que se lle dese rango legal mediante un acordo do plenario do Parlamento galego.[3]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads