Constantin Brâncuși

From Wikipedia, the free encyclopedia

Constantin Brâncuși
Remove ads

Constantin Brâncuşi, ou Constantin Brancusi na grafía francesa, nado en Hobiţa (distrito Gorj, preto da cidade de Târgu Jiu) o 19 de febreiro de 1876 e finado en París o 16 de marzo de 1957, foi o máis famoso escultor romanés. As súas obras atópanse en museos de Francia, Estados Unidos, Romanía e Australia.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Thumb
Constantin Brâncuşi, 1905.
Thumb
Exposición de Brâncuşi no Centro Georges Pompidou, maio de 2024.
Remove ads

Traxectoria

Brâncuşi estudou arte en Craiova (cidade do distrito Dolj, Romanía) desde 1894 a 1898. Logo continuou os seus estudos na Escola Nacional de Belas Artes en Bucarest desde 1898 ata 1901. Chegou a París en 1904 para perfeccionar os seus estudos. Como estudante de arte foi influído por Auguste Rodin e foi un dos primeiros artistas da arte moderna. Estableceu amizade con Amedeo Modigliani, Erik Satie e Marcel Duchamp. A súa obra evolucionou cara a unha eliminación dos detalles que o conduciu case á abstracción. Realizou unha serie de esculturas en metal chamadas "Paxaro no Espazo". En 1928 Joyce visita a Brâncuşi en París. Ao ano seguinte o escultor debuxa varios retratos de Joyce para a portada de varios dos seus traballos, os retratos foron de inspiración simbólica, trazos circulares. Brâncuşi dixo de Joyce " Joyce é así mesmo, comeza nun punto e non volves a velo xamais nel" [1]

En Târgu Jiu hai un conxunto escultórico realizado por el de grande importancia. Estas obras atópanse dispostas en liña recta e son:

  • A Mesa do Silencio
  • A Porta do Bico
  • A Columna do Infinito

Este conxunto escultórico simboliza a vida do ser humano.

A Mesa do Silencio e a Porta do Bico atópanse no parque principal da cidade; entre as mesmas atópanse cadeiras tamén feitas por Brancusi e seguindo a imaxinaria liña determinada por estas dúas, chégase a unha das igrexas ortodoxas da cidade. Continuando aínda máis por esta liña, chégase á Columna do Infinito (considerada a súa obra cume) situada tamén nun parque. Entre as obras de Brancusi atópanse: Nai dormente (1906-10), O Bico (1908), A Sabedoría (1909), Prometeo (1911), O Comezo do Mundo (1924), O Paxaro (1924-49), A Columna do Infinito (1933), O Espírito de Buda (1933) e A Galiña (1941).

Brancusi morreu en Francia. Atópase enterrado no cemiterio de Montparnasse, París.

Unha das súas obras foi vendida en 11.1 millóns de dólares estadounidenses.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads