Isamu Noguchi

From Wikipedia, the free encyclopedia

Isamu Noguchi
Remove ads

Isamu Noguchi, nado nos Ánxeles (California) o 17 de novembro de 1904 e finado en Nova York o 30 de decembro de 1988, foi un artista estadounidense-xaponés, creador de imaxes de duradeira elegancia en moi diversos medios. Coñecido sobre todo como escultor e como arquitecto paisaxístico, Noguchi foi ademais deseñador de escenarios e deseñador industrial facendo lámpadas e mobiliario, algúns dos cales son aínda hoxe manufacturados e vendidos.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

En 1947, Noguchi comezou a colaborar coa compañía Herman Miller, cando se uniu a George Nelson, Paul László e Charles Eames para producir un catálogo que contén o que a miúdo se considera o conxunto de mobles modernos máis influente que se produciu, incluíndo a emblemática mesa Noguchi que segue en produción na actualidade.[1] O seu traballo vive en todo o mundo e na Fundación Isamu Noguchi e Museo Xardín da cidade de Nova York.

Remove ads

Traxectoria

Fillo da escritora estadounidense Leonie Gilmour e do poeta xaponés Yone Noguchi, Isamu Noguchi. Aínda que a parella nunca casou, Yone Noguchi invitou en 1906 a Leonie a Toquio para coñecer o seu fillo e ó ano seguinte nai e fillo mudaríanse ao Xapón onde pasaría o resto da súa infancia, residindo en Chigasaki e Iocoama.

En 1918 foi enviado ós Estados Unidos a estudar, graduándose en La Porte High School, Indiana en 1922. En 1924 Noguchi deixou a Universidade Columbia, para perseguir a que sería a súa gran paixón para o resto da súa vida, a escultura.

Tras viaxar por Europa, India, China e varios outros paíse, comezará a gañar prominencia e éxito profesional como escultor e finalmente como deseñador de obras a grande escala en moitas das maiores cidades do mundo.

Remove ads

Obras

Entre as súas obras máis destacadas inclúense as seguintes.

  • Unha ponte no Parque da Paz de Hiroshima: Peace Park
  • Unha escultura para o First National City Bank Building en Fort Worth, Texas
  • Un xardín para a Beinecke Rare Book and Manuscript Library na Universidade Yale en New Haven, Connecticut
  • Billy Rose Sculpture Garden, Israel Museum, Xerusalén
  • Un xardín para o Chase Manhattan Bank Plaza na cidade de Nova York, Estado de Nova York
  • Xardíns para a sede de IBM en Armonk, Nova York
  • Kodomo no Kuni, un parque infantil en Toquio, Xapón
  • A Fonte Dodge e a praza Philip A. Hart en Detroit, Míchigan (creada en colaboración con Shoji Sadao)
  • Un xardín e unha habitación "Shin Banraisha" deseñados na Universidade de Keio en Toquio, un fito na historia da arte e da arquitectura do século XX hoxe desmantelada.

A súa obra escultórica encóntrase esparexida por todo o mundo e no Isamu Noguchi Garden Museum en Long Island, Nova York.

O seu último proxecto foi o deseño de dun parque de 1,6 km² en Sapporo, Xapón. Deseñado en 1988, un pouco antes da súa morte, o parque Moerenuma foi rematado e aberto ó público no 2004.

Remove ads

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads