Constantino García
lingüísta e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Constantino García González, nado en Oviedo o 20 de xullo[1] de 1927 e finado en Santiago de Compostela o 23 de outubro de 2008, foi un lingüista e escritor galego de orixe asturiana.
Remove ads
Traxectoria
Logo de formarse nas universidades de Oviedo, Complutense de Madrid e Bonn, en 1965 chegou á Universidade de Santiago de Compostela para ocupar unha praza na facultade de Filosofía e Letras. Foi un dos fundadores do Instituto da Lingua Galega en 1971 e do Centro Ramón Piñeiro en 1993, e a ambos os dous dirixiunos en diferentes etapas. En 1982 ingresa na Real Academia Galega, entidade da que foi secretario entre 1997 e 2001. Recibiu a Medalla Castelao, e foi nomeado Xuíz Honorario do Couto Mixto no 2002.
Nos anos oitenta foi codirector e copresentador na Televisión de Galicia do programa Cousas da lingua, un microespazo con comentarios lingüísticos. Moitos deses apuntamentos foron recollidos en libros. Foi ademais un dos impulsores e coautores do Atlas Lingüístico Galego e de diversas obras lexicográficas.
Nos últimos anos da súa vida, gravemente enfermo dun mal dexenerativo,[2] retirouse da actividade cultural e intelectual.
Remove ads
Obra
- Contribución a la historia de los conceptos gramaticales. La aportación del Brocense (1960).
- Léxico de la comarca compostelana (1974).
- Galego onte, galego hoxe (1976, Universidade de Santiago).
- Recantos da lingua (1982, La Voz de Galicia).
- Retrincos da lingua (1982).
- Glosario de voces galegas de hoxe (1985).
- Temas de lingüística galega (1985).
- Follas da lingua (1987).
- Cousas da lingua (1989).
- Cartafol da lingua (1990).
- Peneirando palabras (1990).
- Contribución ó léxico de Alvaro Cunqueiro (1991).
- Tesouros da lingua (1993).
- Glosas da lingua (1995).
- El castellano de Galicia (1998).
- Diccionario galego de termos médicos (2002, contribucións)
- O libro das palabras (2003).
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads