Contaminación do espazo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A contaminación do espazo basicamente é debida ós refugallos espaciais, que, entorpecen o uso do espazo e, debido ás grandes velocidades que se manexan, son perigosos dende dimensións ínfimas.[1] Mais tamén aparecen casos como os 180 000 kg de residuos que se estima teñen quedado xa na Lúa.[2]
Dende o comezo da aventura espacial, téñense posto en órbita máis de 6000 lanzamentos, que teñen deixado máis de 56 000 obxectos de tamaño que se pode rastrexar en órbita, a máis da contaminación na parte alta da atmosfera, que linda co espazo profundo.[2] Así, debido só ós lanzamentos con fallo de Starlink, calcúlase que dende finais de 2024 tense engadido unha tonelada de aluminio diario á estratosfera terrestre (tres veces superior á entrada natural por meteoritos). Os óxidos derivados do aluminio poden alterar o equilibrio térmico das capas altas da atmosfera e o equilibrio climático.
A contaminación espacial está medrando ó medrar tamén o ritmo de lanzamentos.
Ná década de 2020 creouse un grupo para preservar o espazo da contaminación, chamado Space Environmentalism, que tenta, entre outras cousas, regular o uso do espazo cunha visión medioambiental.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads