Refugallo espacial
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O refugallo espacial ou lixo espacial é o material derivado dos lanzamentos de obxectos ó espazo que se mantén en órbita, piar da contaminación do espazo.

Remove ads
Características

Estase a incrementar ó aumentar o número de lanzamentos e aumentar asemade as incidencias nos mesmos e a interacción entre os restos. Os refugallos espaciais poden interferir a navegación arredor do noso planeta, e son perigosos polas altas velocidades que implica o manterse en órbita, de varios quilómetros cada segundo.
Os obxectos en órbita sofren fricción, pero moi pequena, podendo tardar en caer á Terra milleiros de anos se non teñen antes un accidente que os disperse ou os faga cambiar de órbita. Así, estímase que un satélite xeoestacionario pode manterse na órbita de xeito indefinido, mentres un orbitando en órbita circular a 500 km de altitude tardará en caer uns 25 anos, a 800 km máis de 100 anos, e a 1200 km, uns 2000 anos.[1]
No 2020 a ESA ten planificado e contratado para 2025 a primeira retirada dun satélite en órbita pola recollida do mesmo por outro satélite preparado para ese propósito.[2]
No 2021 estímase que cada satélite funcional en órbita debe realizar dúas manobras para evitar colisións (cada ano) contra obxectos vixiados, coa conseguinte perda de horas de traballo, enerxía para os axustes orbitais e tempo de funcionamento efectivo dos satélites.[3] Nesta data, estímanse en máis de dez mil os satélites xa lanzados, medrando o número de xeito considerable nos anos precedentes e aumentando a participación privada, que xa é maioritaria.[4] O mesmo 2021, a ESA -cunha oficina de análise de refugallos, 'Space Debris Office'- estimou que se incorporaron ó catálogo de obxectos en órbita uns 2467 con tamaño abondo como apra ser seguidos, dos que 1493 son novos satélites e o resto, refugallos. Como tamén hai obxectos en seguimento que rematan entrando na atmosfera e quimándose polo calor debido ó rozamento, a ESA estima que entre 2020 e 2021 houbo un incremento de 1387 obxectos seguibles.[5]
A comezos de 2022 estimouse que había uns 36 000 obxectos en órbita de tamaño igual ou superior a unha pelota de tenis (uns 10 cm de dimensión típica), estando controlados só o 13%. A maioría do resto serían refugallos resultado da fragmentación de obxectos maiores, dos que só se sabe a orixe de 630. Tamén habería un millón de obxectos de dimensións típicas entre 1 e 10 cm, e uns 330 millóns de tamaño entre 1 mm e 1 cm.[5]
O seguimento de refugallos inclúe o tentar constestar a preguntas como que sucedeu para orixinar o refugallo, que contorna desenvolverá a acumulación de refugallos, cal é o perigo de colisión para os satélites activos e vehículos espaciais en xeral ou que alturas orbitais son máis afectadas.[5]
Por causa das altas velocidades dos obxectos en órbita, unha colisión cun refugallo de 1 cm de diámetro pode traspasar unha enerxía equivalente á dun coche a uns 40 km/h.[5]
No 2023 estimouse que cada semana había unha rentrada incontrolada.[6] O mesmo ano, a ESA adoptou como código interno a 'Aproximación cero refugallos' (‘Zero Debris approach’).
A ESA mantén dende 2025 un par de instalacións láser en Izaña, Tenerife, España (Izaña 1 e 2) que traballan en conxunto para o seguimento de refugallos espaciais a través do Space Safety Program, o Programa de Seguridade Espacial da axencia espacial europea. O seu funcionamento baséase na emisión de láser por Izaña 2 e a recepción por Izaña 1 dos (poucos) fotóns reflectidos polo material en órbita, o que permite o seu seguimento orbital, pero tamén pode permitir o comunicarlle unha pequena forza que o desvíe da súa órbita e evite colisións.[7]
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads