Eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2012
eleccións autonómicas de 2012 From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
As eleccións ao Parlamento de Cataluña correspondentes á décima lexislatura do actual período democrático celebráronse o 25 de novembro de 2012, cando só transcorreron dous anos dende a última convocatoria electoral. As seguintes eleccións foron o 27 de setembro de 2015.
Remove ads
Convocatoria e características
As eleccións anteriores, celebradas en novembro de 2010, deixaran como resultado unha cómoda maioría para o candidato converxente Artur Mas, aínda que non absoluta. Mas gobernou sen sobresaltos nos seus apoios durante dous anos ata que en setembro de 2012, no marco da crise económica de comezos do século XXI, se produciron dous feitos políticos de relevancia. En primeiro lugar, a convocatoria dunha manifestación extraordinariamente masiva en Barcelona a prol da independencia (11 de setembro); e en segundo lugar, a negativa do goberno de Mariano Rajoy a chegar a acordos de transferencia de poder e de mudanzas no sistema financeiro de Cataluña[1].
Días despois da xuntanza entre Mariano Rajoy e Artur Mas, o 25 de setembro, o presidente da Generalitat anunciou a convocatoria dos undécimos comicios en Cataluña dende a recuperación da democracia[1].
Participación
Remove ads
Candidaturas
Concorreron un total de 64 candidaturas -16 por circunscrición- de 18 partidos, 15 dos cales se presentaron nas catro circunscricións electorais.
Candidaturas con representación parlamentaria
En letras grosas, o candidato ou a candidata á presidencia da Generalitat.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads