Copa Mundial de Clubs da FIFA
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Mundial de Clubs FIFA, máis coñecido simplemente como Mundial de Clubs, é unha competición internacional de clubs de fútbol organizada cada catro anos pola FIFA.[1][2][3] A primeira edición do torneo disputouse no ano 2000 co nome de Campionato Mundial de Clubs da FIFA, participando nel os clubs campións das seis confederacións afiliadas á FIFA (AFC, CAF, Concacaf, Conmebol, UEFA e OFC). Non se celebrou entre 2001 e 2004 debido a unha combinación de factores, entre eles a caída de International Sport and Leisure (ISL), o principal socio comercial da FIFA. Foi recuperada en 2005 como unha competición anual, formato no que se disputou ata 2023. A continuación o torneo foi reestruturado de novo e dende 2025 celébrase cada catro anos coa participación de 32 clubs. A importancia e prestixio do Mundial de Clubs é materia de debate dende os seus inicios.
O antecedente directo do torneo foi a Copa Intercontinental.[4] disputada entre os campións da Copa Libertadores de América (en representación de América do Sur) e a Liga de Campións da UEFA (representando a Europa).
O palmarés do torneo está dominado de xeito case absoluto polos clubs europeos, que acumulan 16 vitorias, por 4 de clubs da CONMEBOL, mentres que o resto de confederacións non suman ningún título.

Remove ads
Palmarés
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- O Mundial de Clubs no sitio web da FIFAArquivado 12 de decembro de 2017 en Wayback Machine.
Notes
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads