Coque
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O coque[1] é un tipo de combustíbel derivado do carbón betuminoso. Comezou a ser utilizado na Inglaterra do século XVIII. O coque obtense do quecemento da hulla (ou carbón betuminoso), sen combustión, nun recipiente pechado. Pode ser utilizado na produción de ferro gusa (alto forno), sendo adicionado xunto coa carga metálica.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Coque.

Remove ads
Usos
Alén da utilización na liga do ferro gusa, debido a escaseza do carbón vexetal, o Coque de petróleo pode ser usado en varias outras formas posíbeis, tales como:
- Pastilla de freo automotivo,
- Zapatas Ferroviarias,
- Alimentación de fornos refractarios
* Colorización de vidros.
Obtención
O coque é obtido polo proceso de coqueificación, que consiste, en principio, no quecemento a altas temperaturas, en cámaras hermeticamente pechadas (excepto para saída de gases), do carbón mineral. No quecemento ás temperaturas de coqueificación e na ausencia de ar, as moléculas orgánicas complexas que constitúen o carbón mineral se dividen, producindo gases e compostos orgánicos sólidos e líquidos de baixo peso molecular e un residuo carbonáceo relativamente non volátil. Este residuo resultante é o coque, que se presenta como unha substancia porosa, celular, heteroxénea, so os puntos de vista químico e físico. A calidade do coque depende moito do carbón mineral do cal se orixina, principalmente do seu teor de impurezas.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
