Corella

From Wikipedia, the free encyclopedia

Corellamap
Remove ads

Corella é un concello de Navarra, situado a 92 km de Pamplona, que se atopa na Ribeira Navarra, próxima a Tudela e incluída dentro do meiriñado de Tudela. En 2008 tiña 7.898 habitantes.

Datos rápidos Localización, Poboación ...
Thumb
Un dos lugares de maior interese de Corella é "A Noria".
Remove ads

Historia

Eminentemente agrícola en anos pasados e actualmente con adegas que elaboran moi bos viños tintos, Corella posúe, nos albores do século XXI, un tecido industrial importate na zona, con empresas que van desde a elaboración e transformado de caucho e outros compoñentes para a automoción, ata a fabricación de sistemas industriais de contrapesos, ou a produción de prefabricados para a construción, sendo este último sector no que máis destacou esta cidade nos últimos anos.

Remove ads

Patrimonio

Posúe un rico patrimonio arquitectónico barroco, sendo de especial mención "A Casa das Cadeas", da cal existe unha replica no Poble Espanyol de Barcelona. O Museo de Arte Sacra así como os seus edificios relixiosos son igualmente destacables.

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads