Cormac McCarthy

escritor estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Cormac McCarthy
Remove ads

Charles McCarthy,[1] nado en Providence (Rhode Island) o 20 de xullo de 1933 e finado en Santa Fe (Novo México) o 13 de xuño de 2023, foi un escritor estadounidense, coñecido como Cormac McCarthy.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Nado en Rhode Island, en 1937 mudouse coa súa familia a Knoxville, onde o seu pai traballaba como avogado para Tennessee Valley Authority.[2] Ingresou na Universidade de Tennessee (1951-52 e 1957-59) mais non chegou a graduarse. Durante os anos de universidade publicou os seus dous primeiros relatos.

En 1961 casou coa súa compañeira Lee Holleman, coa que tivo un fillo, Cullen. Mentres Lee estaba a coidar do neno, McCarthy pediulle que buscase un traballo para que el se puidese dedicar plenamente á literatura. Consternada coa situación, Lee marchou a Wyoming, onde solicitou o divorcio e conseguiu emprego como mestra.[3]

A primeira novela de McCarthy, The Orchard Keeper, foi publicada por Random House en 1965. Ese verán embarcou no Sylvania para visitar Irlanda e alí coñeceu a Anne DeLisle, que traballaba no barco de cantante e coa que casou en Inglaterra en 1966. Ese mesmo ano recibiu unha bolsa da Rockefeller Foundation que empregou en viaxar polo sur de Europa ata chegar a Eivisa, onde escribiu a súa segunda novela, Outer Dark. Despois regresou aos Estados Unidos e a novela foi publicada en 1968 con boas críticas.[4]

En 1969 o matrimonio mudouse a Louisville, Tennessee, e compraron un pendello que McCarthy restaurou.[4] Alí escribiu Child of God, baseada en sucesos reais, publicada en 1973. En 1976 separouse de Anne e mudouse a El Paso, Texas e en 1979 publicou a súa novela Suttree, que levaba sendo escrita desde había vinte anos.

Cos cartos do MacArthur Fellows Program (1981) escribiu a novela Blood Meridian, publicada en 1985. Unha enquisa a escritores feita en 2006 por The New York Times Magazine para escoller as mellores novelas estadounidenses dos vinte e cinco anos anteriores incluíuna como a terceira, tras Beloved, de Toni Morrison e Underworld, de Don DeLillo. En 1992 recibiu o National Book Award e o National Book Critics Circle Award por All the Pretty Horses. A novela de 2006 A estrada foi recoñecida internacionalmente e gañou o premio Pulitzer.

Celoso da súa intimidade deu a súa primeira entrevista televisiva o 5 de xuño de 2007 no programa The Oprah Winfrey Show, despois de que a súa presentadora Oprah Winfrey escollese a novela A estrada como o libro do seu club de lectura para abril de 2007.[5] En outubro dese ano a revista Time publicou unha conversa entre McCarthy e os irmáns Coen sobre a adaptación da novela No Country for Old Men.[6]

Remove ads

Obra

Novelas

Relatos

  • Wake for Susan (1959)[7]
  • A Drowning Incident (1960)[8]

Guións

Obras teatrais

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads