Cosmos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O cosmos (do grego antigo κόσμος, transl. kósmos, "orde", "organización", "beleza", "harmonía") é un termo que designa ao Universo no seu conxunto, a toda a estrutura universal na súa totalidade, desde do microcosmos ao macrocosmos.[1]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cosmos (homónimos).
O cosmos é a totalidade de todas as cousas deste Universo ordenado, dende as estrelas até as partículas subatómicas. Pódese ser estudado na rama da Astronomía denominada Cosmoloxía.[2]
O astrónomo Carl Sagan define o termo cosmos como "todo o que foi, todo o que é e todo o que será".
Remove ads
Etimoloxía

A palabra deriva do termo grego κόσμος (kosmos), que literalmente significa "ben ordenado" ou "ornamentado" e metaforicamente "mundo", e é contrario ao concepto de caos (feo ou desordenado). Hoxe, a palabra úsase xeralmente como sinónimo de "Universo". A palabra "cosmético" orixínase da mesma raíz. En moitas linguas eslavas, como o ruso, o polaco, o búlgaro e o serbio, a palabra kosmos (космос) significa espazo exterior. En galego tamén é un termo referido ao espazo exterior á atmosfera terrestre.[1]
O filósofo grego Pitágoras foi o primeiro en utilizar o termo "κόσμος " para referirse ao universo, quizais significando referirse ao firmamento das estrelas.[3] A cosmoloxía é tamén unha rama da metafísica que se ocupa da natureza do Universo, unha teoría ou doutrina que describe a orde natural física do mesmo.[4]
Remove ads
Cosmoloxía

A cosmoloxía é o estudo do cosmos en varios dos seus significados, dependendo do contexto. Todas as cosmoloxías teñen en común un intento de comprender a orde implícita e a beleza dentro do conxunto do ser. Deste xeito, a maioría das relixións e sistemas filosóficos teñen unha cosmoloxía. O Dicionario da Real Academia Galega recolle o termo cosmovisión (literamente visión do cosmos) e o sinónimo tomado do alemán weltanschauung (literamente visión do mundo).[5]
En cosmoloxía física, o termo "cosmos" úsase a miúdo de xeito técnico, referíndose a un continuo espazo-tempo particular dentro do (postulado) Universo. O noso cosmos particular, o Universo observábel, é xeralmente escrito con letra maiúscula no inicio (Cosmos) en portugués; en galego úsase a maiúscula cando se refire a un nome propio (por exemplo a serie de Sagan ou o filme Cosmos). A cosmoloxía tamén estuda o Universo dende a súa orixe, até agora onde está en expansión.
Remove ads
Teoloxía

En teoloxía, o termo pódese usar para designar o Universo creado, sen incluír o creador. Na teoloxía cristiá, a palabra tamén se usa como sinónimo para referirse á "vida mundana" ou "este mundo", en oposición á outra vida ou ao mundo por vir.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads