Cosroes I
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Cosroes I ou Khosrau I (en persa: انوشروان [Anushiravān]; 501 - 579) foi un dos reis máis importantes da dinastía sasánida do Segundo Imperio Persa. Foi o artífice da expansión do imperio ata o río Indo e o mar Vermello, e enfrontouse ao Imperio Bizantino polo dominio do Oriente Medio. Os seus ataques foron tan contundentes que o emperador bizantino Xustiniano tivo que comprar a paz pagando un tributo de 11.000 pezas de ouro. Reorganizou a administración do imperio, que dividiu en catro distritos.[1] Foi un rei tolerante e acolleu aos últimos filósofos pagáns de Atenas cando o emperador pechou a Academia de Atenas.[1] Reinou durante case medio século, dende o 531 ata o 579,[1] cando Hormizd IV o sucedeu.
Remove ads
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads