Pobo cree

pobo indíxena de América From Wikipedia, the free encyclopedia

Pobo cree
Remove ads

Os cree[1] forman un grupo nativo norteamericano de máis de 200.000 individuos, o que o converte nun dos maiores grupos do Canadá. Viven no Quebec, Ontario, Manitoba, Saskatchewan e Alberta. A maioría dos cree eran indios dos bosques orientais, mentres que os que viven en Saskatchewan e o sur de Alberta, eran indios das pradeiras.

Datos rápidos Instancia de, Subclase de ...
Remove ads

Historia

Thumb
Rapaza cree (1928).

A banda do Grande Oso, en Saskatchewan, foi a última banda dos indios das chairas en entrar nunha reserva e o único grupo en manter un conflito violento coas autoridades canadenses. Moitos dos actuais caudillos canadenses nativos, como Ovide Mercredi, xefe da Asemblea das Primeiras Nacións do Canadá, son cree.

Thumb
Indio cree, Old Nemaska 2006 (Foto:André Perron).

No Quebec, tras unha longa loita contra os gobernos provinciais e federais, os cree que viven na área da baía de James aceptaron unha compensación financeira pola confiscación da parte da illa que quedou inundada polo magno proxecto hidroeléctrico do norte do Quebec. Utilizaron parte dos fondos para mercar unha compañía aérea, sendo os cree o único pobo indio que posúe liñas aéreas propias. En 1980 opuxéronse con éxito á construción da segunda fase do proxecto hidroeléctrico da baía de James.

Debido ao gran número de falantes da lingua cree, esta ten actualmente un certo uso. En cree publícanse revistas, libros e xornais e incluso utilízase en programas informáticos.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads