Criptobránquidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A dos criptobránquidos[1] (Cryptobranchidae) é unha familia de anfibios da orde dos caudados ou urodelos, unha das dúas que compoñen a suborde dos criptobrancoideos.
Debido ao seu gran tamaño as únicas tres especies[2] que a compoñen son coñecidas vulgarmente como salamántigas xigantes.
Remove ads
Distribución
As tres especies da familia distribúense pola China, o Xapón, o leste dos Estados Unidos e o sueste do Canadá.[3]
As especies asiáticas son Andrias davidianus (a salamántiga xigante chinesa) e Andrias japonicus (a salamántiga xigante xaponesa), mentres que a única especie presnte en Norteamérica é Cryptobranchus alleganiensis (a salamántiga americana xigante).
Taxonomía
Descrición
A familia foi descrita en 1826 polo zoólogo austríaco Leopold Fitzinger, na súa obra:
- Fitzinger, L. (1826): Neue classification der reptilien nach ihren natürlichen verwandtschaften. Nebst einer verwandtschafts-tafel und einem verzeichnisse der reptilien-sammlung des K. K. zoologischen museum's zu Wien, pp. 1-67. Ver en liña.
Etimoloxía


O nome científico Cryptobranchoidea está formado polos elementos do latín científico crypto-, -branch- e ´-idea (plural de -ideus, que o sufixo co que se forman as familias dos animais), tirados, respectivamente, dos termos do grego antigo κρυτός cryptós, 'oculto'; βράγχια bránchia, 'branquia' e εἴδος eídos, 'aspecto', 'aparencia', 'forma'. Literalmente: 'os que teñen as branquias aparentemente ocultas' (debido a que presentan fendeduras branquiais durante o estado adulto).
Clasificación
Actualmente recoñécense dous xéneros con tres especies:[2][4]
- Familia Cryptobranchidae Fitzinger, 1826
Ademais, coñécense dous xéneros fósiles, Chunerpeton † Gao & Shubin, 2003 e Pangerpeton † Wang & Evans, 2006.[7]
Remove ads
Evolución
Os rexistros máis antigos deste grupo son os do xénero Chunerpeton, que datan do xurásico medio.[8] Chunerpeton exhibe un gran número de similitudes morfolóxicas coas especies actuais do grupo, o que pon en evidencia o pouco que cambiaron as estruturas nestas especies ao longo de aprocimadamente 160 millóns de anos. Este fósil tamén apoia a hipótese que supón que a diverxencia entre os Cryptobranchidae e os Hynobiidae producíronse en Asia antes do xurásico medio. Ambas as familias forman un clado, sendo este o máis antigo entre os caudados. Por outra parte, a extensión de especies de dos Cryptobranchidae a Norteamérica explicaríase pola posterior formación dunha ponte de terra.[9][10]
Por outra parte, as especies da familia dos Hynobiidae (comunmente coñecidas como salamántigas asiáticas) teríanse estendido desde Asia cata a Europa, quedando no holoceno restrixidas ao continente asiático.
Filoxenia
As relacións filoxenéticas dos criptobráquidos son as que se expresan no seguinte cladograma, baesado en Frost et al. (2006).[11]
Cryptobranchidae |
| ||||||||||||
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads