Criptobrancoideos

suborde de anfibios From Wikipedia, the free encyclopedia

Criptobrancoideos
Remove ads

A dos criptobrancoideos (Cryptobranchoidea) é unha suborde de anfibios da orde dos caudados ou urodelos.

Máis información Clasificación científica, Familias ...

O grupo constitúe un clado monofilético.[2]

Na actualidade comprende dúas familias, criptobránquidos e hinobíidos, con xéneros, con numerosas especies.[3]

Remove ads

Características

As súas especies son coñecidos como salamánigas primitivas, en contraste coa da suborde dos salamandroideos ou salamántigas avanzadas.[4]

Unha das súas caracterísiticas típicas é a de posuíren fendeduras branquiais durante o estado adulto, (ao que alude o seu nome).[5]

As especies da familia dos Cryptobranchidae, que son completamente acuáticas, coñécense como salamánigas xigantes debido ao seu gran tamaño.

Remove ads

Distribución

Encóntrase no leste dos Estados Unidos, na China en Taiwán e no Xapón.

Taxonomía

Thumb
Andrias japonicus.
Thumb
Hynobius kimurae.
Thumb
Paradactylodon persicus.


Descrición

A suborde foi descrita en polo herpetólogo estadounidense Emmett Reid Dunn, no seu traballo:

Dunn, E. R. (1922): "The sound-transmitting apparatus of salamanders and the phylogeny of the Caudata". The American Naturalist, 56: 418-487.

Etimoloxía

O nome científico Cryptobranchoidea está formado polos elementos do latín científico crypto-, -branch- e -oidea (plural de -oideus), tirados, respectivamente, dos termos do grego antigo κρυτός cryptós, 'oculto'; βράγχια bránchia, 'branquia' e εἴδος eídos, 'aspecto', 'aparencia', 'forma'. Literalmente: 'os que teñen as branquias aparentemente ocultas' (debido a que presentan fendeduras branquiais durante o estado adulto).

Clasificación

A suborde comprende na actualidade só dúas familias, cos doce xéneros que se indican:[3]

Suborde Cryptobranchoidea Dunn, 1922

  • Familia Cryptobranchidae Fitzinger, 1826 [6]
    • Xénero Andrias Tschudi, 1837
    • Xénero Cryptobranchus Leuckart, 1821
  • Familia Hynobiidae Cope, 1859 [7]
    • Subfamilia Hynobiinae Cope, 1859 [8]
      • Xénero Batrachuperus Boulenger, 1878
      • Xénero Hynobius Tschudi, 1838
      • Xénero Liua Zhao & Hu, 1983
      • Xénero Onychodactylus Tschudi, 1838
      • Xénero Pachyhynobius Fei, Qu & Wu, 1983
      • Xénero Paradactylodon Risch, 1984
      • Xénero Pseudohynobius Fei & Yang, 1983
      • Xénero Ranodon Kessler, 1866
      • Xénero Salamandrella Dybowski, 1870
    • Subfamilia Protohynobiinae Fei & Ye, 2000 [9]
      • Xénero Protohynobius Fei & Ye, 2000

Outras familias extinguíronse no pasado e só se coñecen polos seus restos fósiles.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads