Cromodinámica cuántica
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A cromodinámica cuántica (QCD) é a teoría física que describe unha das forzas fundamentais, a interacción forte. Debido á súa propiedade especial chamada liberdade asintótica, foi proposta a comezos dos anos 70 por David Politzer, Frank Wilczek e David Gross como teoría para entender a estrutura dos protóns, neutróns, e partículas semellantes (hadróns).
Características
Usaron teoría cuántica de campos para describir a interacción de quarks e gluóns. Polo seu traballo en cromodinámica cuántica, a Gross, Wilczek, e Politzer foilles concedido o Premio Nobel de Física do ano 2004.
Segundo esta teoría, o carácter da interacción forte está determinado por unha simetría especial entre as cargas de cor dos quarks. Coñécese a esta simetría como o grupo de gauge SU(3) e os quarks transfórmanse baixo este grupo como tripletes SU(3) de campos fermiónicos de Dirac . Aínda que as expansións perturbativas eran importantes para o desenvolvemento da QCD, esta tamén predí moitos efectos non perturbativos tales como confinamento, condensados fermiónicos e instantones.
A cromodinámica cuántica é unha parte importante do modelo estándar da física de partículas. O nome "cromodinámica" vén da palabra grega "chromos" (cor). Este nome é oportuno porque á carga dos quarks refírella generalmente como "cor" aínda que non está relacionada á percepción visual da cor.
Un enfoque particular á QCD, a saber os modelos de rede, permitiu ós investigadores obter algúns resultados e cantidades teóricas que eran previamente incalculables.
Remove ads
Véxase tamén
Outros artigos
- Teoría de gauge
- Teoría de gauge cuántica
- BRST
- Pantasma de Faddeev-Popov
- Interacción forte
- Modelo de rede de QCD
- Condensado fermiónico
- expansión 1/N
- Teoría cuántica de campos
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads