Cruceiro Aurora
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Aurora (en ruso Аврора, Avrora) é un cruceiro protexido ruso, actualmente conservado como buque museo en San Petersburgo. Participou en combate na guerra ruso-xaponesa. Un dos primeiros incidentes da revolución de outubro ocorreu neste buque.
Remove ads
Historial de operacións
Guerra Ruso-Xaponesa

O Aurora, era o terceiro e último dos tres cruceiros que compoñían a clase Pallada, construídos en San Petersburgo para servir no océano Pacífico. Os tres buques prestaron servizo durante a guerra ruso-xaponesa (o cruceiro Pallada foi afundido polas forzas xaponesas en Port Arthur en 1904; o terceiro buque da clase, o Diana, internouse en Saigón trala batalla do Mar Amarelo).
O Aurora formaba parte do Primeiro Escuadrón do Pacífico e anteriormente da Frota do Báltico, que foi enviada desde alí ao Pacífico baixo o mando do vicealmirante Zinovy Rozhestvensky. Durante a travesía, recibiu danos lixeiros cando foi alcanzado por fogo amigo ruso, que matou o capelán do barco e a un mariñeiro, no incidente do Dogger Bank.
O 27 e o 28 de maio de 1905, o Aurora tomou parte na Batalla de Tsushima, xunto ao resto da escuadra rusa. Baixo o mando do almirante Oskar Enkvist, o Aurora conseguiu evitar ser destruído, ao contrario que a maioría de buques rusos e, cos cruceiros Oleg e Zhemchug, logrou chegar á neutral Manila, onde foi internado. Liberado tralo Tratado de Portsmouth no outono de 1905, en 1906 o Aurora regresou ao Báltico e foi utilizado como buque de adestramento de cadetes. Desde 1906 ata 1912, o buque visitou varios países: en novembro de 1911 estivo presente en Bangkok como parte das celebracións en honor á coroación do novo Rei de Siam. En 1908 o cruceiro cooperou tamén na operación internacional de axuda aos superviventes do Terremoto de Mesina.
Revolución de Outubro
- Artigo principal: Revolución de Outubro.
Durante a Primeira guerra mundial, o buque operou no mar Báltico. En 1915 o seu armamento principal foi substituído por catorce canóns de 152 mm. A finais de 1916, trasladouse a Petrogrado para reparacións maiores; a cidade era un perfecto caldo de cultivo revolucionario e parte da súa tripulación uniuse á Revolución de Febreiro de 1917. Creouse no buque un comité revolucionario, que elixiu como capitán a Aleksandr Belyshev. Gran parte da súa tripulación uniuse aos bolxeviques, que estaban preparando a revolución comunista.
O 25 de outubroxul./ 7 de novembro de 1917greg., o rexeitamento dunha orde ao Aurora de partir ao mar, foi o punto de partida da revolución de outubro. Ás 9:45 p.m., un disparo do seu canón de popa foi o sinal para o inicio do asalto ao Palacio de Inverno, no cal tomou parte a súa tripulación.
Segunda guerra mundial


En 1922, o Aurora foi devolto ao servizo activo como buque de adestramento. Durante a Segunda guerra mundial, os seus canóns, foron retirados para ser usados como defensa terrestre en Leningrado. O buque, foi levado a porto en Lomonosov, onde foi repetidamente atacado con bombardeos e artillaría. O 30 de setembro de 1941, debido aos danos recibidos, afundiuse no porto.
Tras extensivas reparacións realizadas entre 1945 e 1947, o Aurora foi permanentemente ancorado no río Neva en Leningrado (hoxe día San Petersburgo) como monumento á gran revolución socialista de outubro e en 1957 converteuse en buque museo.
O 2 de novembro de 1927, o Aurora foi condecorado coa Orde da Bandeira Vermella polos seus méritos revolucionarios, e o 22 de febreiro de 1968 coa Orde da Revolución de Outubro, a cal, incorpora unha imaxe do cruceiro.
Desde a súa conversión en museo ao presente

Como buque museo, O Aurora, converteuse nunha das principais atraccións de Leningrado e continua sendo un símbolo da revolución comunista, e un tributo á historia de Rusia. Adicionalmente ao seu espazo como museo, unha parte do buque, continua co seu papel naval, cunha tripulación que entre os seus papeis, ten o coidado do buque, seguridade, e participación en cerimonias militares e de goberno. A tripulación, considérase activa, e baixo adestramento e leis militares.
Entre 1984 e 1987 o cruceiro abandonou o seu papel de museo, para entrar unha vez máis nos estaleiros Admiralty, para ser sometido a unha restauración a fondo. Debido á deterioración do casco baixo a liña de flotación, esta zona foi substituída por novas placas soldadas, segundo os planos orixinais. As placas cortadas, foron remolcadas ao golfo de Finlandia, onde foron afundidas preto da costa.
O Aurora o 16 de outubro de 2012 deixou de pertencer á Armada Rusa, os últimos tripulantes militares abandonaron o cruceiro e ao día seguinte, a iso das once da mañá, o persoal civil izou a bandeira do buque. Na actualidade é propiedade do Museo Central Naval de San Petersburgo.
En xaneiro de 2013, o ministro de defensa ruso Sergey Shoygu anunciou plans para volver dar de alta na armada rusa o Aurora e facer del un símbolo da armada rusa debido á súa importancia histórica e cultural.[2]
O 21 de setembro de 2014 o barco foi enviado ao Kronstadt por motivos de mantemento,[3][4] permanecendo alí ata o 2016.[5] O 16 de xullo de 2016 o Aurora regresou ao seu peirao en San Petersburgo, fronte ao palacio de Inverno.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads