Cynomys
xénero de mamíferos From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Cynomys é un xénero de mamíferos roedores da suborde dos esciuromorfos, familia dos esciúridos e tribo dos marmotinos.
Están emparentados coas marmotas (xénero Marmota) e co xénero Spermophilus.
Son coñecidos na bibliografía internacional polo nome vulgar de cans (ou cadelos) das pradarías.
Remove ads
Taxonomía
Descrición
O xénero foi descrito en 1817 polo naturalista estadounidense Constantine Samuel Rafinesque, nun traballo publicado en Am. Mon. Mag. 2: 43.[1]
Etimoloxía
O nome científico Cynomys está formado polos elementos cyn- e -mys unidos por un -o- epentético. Estes elementos derivan das voces do grego antigo κυων, κυνος kyōn, kynos, "can", e μυς, μυός mys, myós, "rato", resoectivamente.[2]
Literalmente: os "cans rato".
Especies
O xénero comprende cinco especies:[1]
- Cynomys gunnisoni (Baird, 1855)
- Cynomys leucurus Merriam, 1890
- Cynomys ludovicianus (Ord, 1815)
- Cynomys mexicanus Merriam, 1892
- Cynomys parvidens J. A. Allen, 1905
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads