Dark Matter Particle Explorer
observatorio espacial chino From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Dark Matter Particle Explorer ou DAMPE, tamén coñecido como Wukong, é un observatorio espacial da China lanzado o 17 de decembro de 2015 a bordo dun foguete CZ-2D desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan.[1][2][4][5][6][7]
Remove ads
Características
DAMPE é un observatorio espacial operado pola Academia de Ciencias da China adicado á detección de partículas enerxéticas como raios gamma, electróns de alta enerxía e raios cósmicos. O obxectivo do observatorio é buscar e estudar partículas de materia escura mediante observación de partículas de alta enerxía, estudar a orixe dos raios cósmicos e analizar o mecanismo de aceleración dos raios cósmicos.[1][2][4][5][6][7]
O observartorio foi inxectado nunha órbita heliosincrónica cunha altitude de 500 km e unha inclinación de 97,4 graos. Ten unha masa de preto de 1900 kg e leva a bordo catro experimentos:[1][2][4][5][6][7]
- Un hodoscopio formado por un conxunto de láminas de plástico de centelleo.
- Un seguidor de silicio-tungsteno para determinar a dirección dos raios gamma.
- Un calorímetro de bismuto e óxito de xermanio para medir a enerxía das partículas incidentes.
- Un detector de neutróns.
O rango de enerxías detectables por DAMPE van dos 5 GeV a 10 TeV para electróns e de 100 GeV a 100 TeV para raios cósmicos.[1][2][4][5][6][7]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads