Discos Radioactivos Organizados

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Discos Radioactivos Organizados (DRO) é un selo discográfico español fundado en 1982 por Servando Carballar, líder do grupo de tecno pop Aviador Dro.

Datos rápidos Instancia de, Persoas e organizacións ...

Nun principio creouse para autoeditar os seus discos, pero grazas ao éxito inicial do selo empezaron a editar discos a bandas como Parálisis Permanente, Siniestro Total, Glutamato Ye-Yé, Decibelios, Alphaville e a outros grupos da Movida. Deste xeito convértese na primeira compañía independente de España.

Cos anos integráronse na súa escudería bandas como Nacha Pop, Gabinete Caligari, Loquillo, Los Nikis, Los Locos, Extremoduro, Mojinos Escozíos, Marea, La Fuga, Fito & Fitipaldis e moitos outros.

Tras varias fusións con outros selos como GASA, Tres Cipreses ou Twins, en 1988 o grupo abandona a compañía, para máis tarde, en 1992, vendela á multinacional Warner Music International. Créase así a actual compañía Dro East West.

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads