Fito & Fitipaldis

From Wikipedia, the free encyclopedia

Fito & Fitipaldis
Remove ads

Fito & Fitipaldis é un grupo musical bilbaíno creado en 1998 por Fito Cabrales coa intención de publicar cancións que non eran do estilo da súa outra banda, Platero y tú. O seu tipo de música é moi variado, vai desde o Rock and roll pasando polo blues, o soul, o swing e moitos máis. As súas letras adoitan falar de historias persoais.

Datos rápidos Orixe, Período ...
Remove ads

Membros

Está formado por Fito Cabrales (voz principal, guitarra eléctrica e acústica), Carlos Raya (guitarra eléctrica, slide e pedal steel), Javier Alzola (saxofón), José "El niño" Bruno (batería), Candy Caramelo (baixo e coros) e Joserra Semperena (Hammond e piano).

Historia

O 11 de setembro de 2006 viu a luz o seu quinto disco, titulado Por la boca vive el pez. Este traballo conseguiu ser número 1 na lista de vendas de AFYVE (Disco de Platino, con máis de 100.000 copias vendidas, en menos de dúas semanas). Ademais, Fito & Fitipaldis converteuse na primeira banda da historia en colocar toda a súa discografía de estudo entre os 100 discos máis vendidos en España.[1] Por la boca vive el pez recibiu un disco de platino polas máis de 240.000 copias distribuídas.[2]

En outubro de 2007 o grupo recibe un Disco de Diamante por vender máis dun millón de discos.[3]

Remove ads

Discografía

  • A puerta cerrada (1998)
  • Los sueños locos (2001)
  • Lo más lejos a tu lado (2003)
  • Vivo... para contarlo (2004)
  • Por la boca vive el pez (2006)
  • Dos son multitud (2008) (Directo xunto a Andrés Calamaro)
  • Antes de que cuente diez (2009)
  • Huyendo conmigo de mí (2014)

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads