Dahomey
antigo estado africano From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Reino de Dahomey foi un reino africano (localizado dentro da área do actual Benín) que existiu dende 1600 até 1894, cando o último rei, Béhanzin, foi derrotado polos franceses, e o país foi anexionado ó imperio colonial francés. Dahomey desenvolveuse na chaira de Abomey a partir do pobo fon a comezos do século XVII e converteuse nun poder rexional no século XVIII mediante a conquista de cidades importantes na costa Atlántica.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Dahomey (homónimos).
Remove ads
Durante os século XVIII e XIX, o Reino de Dahomey foi un importante estado na súa rexión, deixando de ser estado tributario do Imperio de Oyo.[1] O reino de Dahomey foi un poder rexional que tiña unha economía doméstica organizada no comercio e no traballo de escravos,[2] cunha significativa relación comercial cos europeos, unha administración centralizada, sistema de impostos e grande organización militar. Neste reino salienta a súa obra artística, unha unidade militar completamente feminina chamada as amazonas de Dahomey polos observadores europeos, e as elaboradas prácticas relixiosas do vodú, cun gran festival anual. Comerciaron con prisioneiros, que capturaron durante guerras e redadas, e intercambiáronos cos europeos en troques de bens como coitelos, baionetas, armas de fogo, tecidos e licores.
Remove ads
Reis de Dahomey
- Gangnihessou (1600-1620)
- Dakodonou (1620-1645)
- Aho Houegbadja (1645-1685)
- Houessou Akaba (1685-1708)
- Agadja (1708-1740)
- Tegbessou (1740-1774)
- Kpengla (1774-1789)
- Agonglo (1789-1797)
- Adandozan (1797-1818)
- Ghézo (1818-1858)
- Glélé (1858-1889)
- Behanzin (1889-1894)
- Agoli-Agbo (1894-1900)
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads