Daniel Vázquez Campo
avogado e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Daniel María Vázquez Campo, nado en Chantada o 20 de febreiro de 1894 e finado en Ribadavia o 14 de decembro de 1940, foi un avogado e político galego.
Remove ads
Traxectoria

Fillo de Daniel Vázquez Bóo. Cursou o bacharelato en Ourense. Licenciado en Dereito pola Universidade de Valladolid (1926). Exerceu como avogado en Chantada. Colaborador do periódico Hidalguía e director de La Voz del Agro. Foi un dos promotores da Asociación Republicana de Chantada o 9 de novembro de 1930 xunto con Antonio Noguerol Eyré e Modesto Álvarez Taboada, e o seu primeiro presidente, sendo reelixido en febreiro de 1931,[1] e novamente en 1933. O 10 de marzo de 1930 foi un dos fundadores da Organización Republicana de Lugo, que se uniu á ORGA, e foi presidente da Comisión Xestora da Deputación de Lugo cando se proclamou a Segunda República Española. Nas Eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 foi elixido deputado pola provincia de Lugo pola ORGA. Durante a República viviu en Madrid exercendo de avogado de Radial Argentina.
Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba en Madrid. A súa muller e fillos marcharan uns días antes. Permaneceu na cidade durante toda a guerra. Cando rematou volveu a Galicia, pero preferiu non regresar a Chantada para evitar represalias. Instalouse en Ribadavia,[2] onde tiña unha irmá e tiña previsto abrir un bufete.
Remove ads
Vida persoal
Casou con Modesta Cuesta Gutiérrez, de Medina de Rioseco, en 1925,[3] e foi pai da escritora Pilar Vázquez Cuesta.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads